O concelleiro do Rural, Demetrio Gómez, informou á Comisión de Mobilidade, Infraestruturas, Obras e Servizos sobre as actuacións que se están a acometer, a piques de comezar e en proceso de tramitación administrativa nas distintas parroquias de Pontevedra. Unhas actuacións que supoñen un investimento global de algo máis de cinco millóns de euros.
Trátase tanto de intervencións de mellora da mobilidade e accesibilidade como de renovación ou dotación de servizos e equipamentos.
-
Obras en execución.
- Filgueira, en Santo André de Xeve .
- Os Praceres, Lourizán
- A Ruibal, Salcedo
-
Listas para comezar esta mesma semana
- Sobral, Santo André de Xeve
- acceso a Tomeza pola ponte da Condesa
-
Rematando a tramitación administrativa . O Cruceiro, en Salcedo
- A Piolla, Lérez
- Sabarís, Campañó
- A Carballeira, Lourizán
- Núcleo de centralidade de Salcedo
Na comisión tamén falouse de melloras como as que precisa o Pavillón de Salcedo ou no saneamento de Mourente e informouse do proxecto de rehabilitación do lugar do Cabo (Lourizán) e da convocatoria para o mércores, da veciñanza de Salcedo na Casa Verde para falar do proxecto de construción dun campo de fútbol de herba sintética na parroquia.