O iglú máis divertido está na praza de España

Pontevedra
12 de decembro 2014

Mentres os adultos fan as compras navideñas e cumpren con compromisos que se multiplican nesta época do ano, os nenos gozan dentro dun iglú. A escena repetirase a partir deste venres en Pontevedra grazas á iniciativa Pontexogos, posta en marcha pola Concejalía de Promoción Económica para estimular as vendas en Nadal

Os nenos pontevedreses estrean Pontexogos na praza de España Mónica Patxot

Mentres os adultos fan as compras de Nadal e cumpren con compromisos que se multiplican nesta época do ano, os nenos gozan dentro dun iglú. A escena repetirase a partir deste venres en Pontevedra grazas á iniciativa Pontexogos, posta en marcha pola Concellaría de Promoción Económica para estimular as vendas en Nadal.

A concelleira do área, Carlota Román, inaugurou Pontexogos este venres pola mañá e a media tarde xa eran moitos os nenos que estreaban as instalacións, que este ano incorporan catro actividades no exterior da carpa: un minicine con capacidade para 20 nenos, un tiovivo, un rocódromo de oito metros e unha zona de xogos populares. As dúas últimas só estarán operativas cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

Os nenos de entre 3 e 12 anos son os protagonistas deste paraíso lúdico, que inclúe unha zona de ludoteca adaptada a tres tramos de idade distintos; obradoiros de repostería ou panadería; actuacións de títeres, magos e contacontos; e circuítos de psicomotricidade ou patíns. 

Todo en horario de 16.30 a 20.00 horas ata o 19 de decembro e de 11.00 a 13.30 e de 16.30 horas a 20.00 horas ata o 4 de xaneiro. Pechará, iso si, os días festivos do 25 de decembro e o 1 de xaneiro.