Os mozos de Arela colaborarán con Vaipolorío nunha xornada de limpeza

Pontevedra
05 de agosto 2019

Este martes 6 de agosto ás 10.30 horas, con saída da Estación de Autobuses, Vaipolorío organiza unha nova xornada de limpeza

Xornada de mantemento do río Gafos

Este martes 6 de agosto ás 10.30 horas, con saída da Estación de Autobuses, Vaipolorío organiza unha nova xornada de limpeza.

Nesta ocasión contarán coa colaboración da Asociación Arela que ten como misión o desenvolvemento integral da infancia e da mocidade de Galicia, en risco de exclusión, en situación de desprotección ou en conflito social, fomentando iniciativas de intervención e prevención nestas situacións, de calidade e normalizadoras, cun compromiso continuo pola xustiza social, a través da implicación das persoas que a constitúe.

A asociación de defensa ambiental Vaipolorío ten en macha a 19ª campaña de limpeza do río Gafos, coa que pretenden, ademais de contribuír á retirada de residuos do leito fluvial, "dar un toque de atención ás Administracións" para que se involucren no seu coidado.