Ponte Caldelas instala alfombras desinfectantes na entrada ao consistorio

Ponte Caldelas
23 de maio 2020

Instáronse dous felpudos desinfectantes que hixienizan os zapatos das persoas que acceden ao edificio nas dúas portas de entrada. que estarán activas a partir do luns 25 de maio, data na que o Concello volve a abrir as súas portas baixo o sistema de cita previa

Alfombras desinfectantes en Ponte Caldelas

Os accesos á casa consistorial de Ponte Caldelas contarán con alfombras desinfectantes para protexer a todas as persoas que acoden ao Concello a realizar os seus trámites así como aos propios traballadores municipais.

Instáronse dous felpudos desinfectantes que hixienizan os zapatos das persoas que acceden ao edificio nas dúas portas de entrada. que estarán activas a partir do luns 25 de maio, data na que o Concello volve a abrir as súas portas baixo o sistema de cita previa.

Esta é unha medida complementaria á colocación de mamparas en todas as mesas dos departamentos que teñen atención ao público.

Ademais, haberá xeles hidroalcólicos a disposición de todas as persoas no momento de facer os trámites, que tamén poderán usar a fonte desinfectante instalada no exterior do edificio consistorial.