Ponte Caldelas quenta motores para a Festa da Troita e degusta mil racións nas parroquias

Ponte Caldelas
22 de maio 2017

Nestas últimas semanas, xa tivo paradas en Buchabade, A Reigosa, A Insua, A Roca, Taboadelo, Forzáns, Anceu, Barbudo, Esfarrapada, Laxoso, Parada, Cuñas, Silvoso, Baltar, Tourón, Chaín, Paradela, Pazos, Vilarchán e Caritel. O programa rematará o próximo venres

Degustacións previas á Festa da Troita nas parroquias

Máis dun milleiro de persoas participaron xa na rolda de degustacións previas á Festa da Troita postra en marcha polo Concello de Ponte Caldelas durante o mes de maio por todas as parroquias do municipio.

Segundo informou o Concello a través dun comunicado, a iniciativa, que se celebra por segundo ano, afronta a recta final superando amplamente as cifras da súa estrea. Este ritmo fai previsible que a previsión inicial de servir unhas 1.500 racións de troita vai quedar curta.

Nestas últimas semanas, xa tivo paradas en Buchabade, A Reigosa, A Insua, A Roca, Taboadelo, Forzáns, Anceu, Barbudo, Esfarrapada, Laxoso, Parada, Cuñas, Silvoso, Baltar, Tourón, Chaín, Paradela, Pazos, Vilarchán e Caritel. 

O programa rematará o próximo venres despois de parar durante esta semana polas casas do pobo de Mirón, Rebordelo, Contixe, Regodobargo e Xustáns.

O colofón será durante a fin de semana coa celebración da LI Festa da Troita o sábado 27 e o domingo 28 de maio na Alameda de Ponte Caldelas

O alcalde, Andrés Díaz, considera que estas degustacións son oportunidades para a convivencia social e deixan anécdotas singulares, como a dunha octoxenaria que probou a troita por primeira vez na súa vida. "Só por iso xa paga a pena", considera.