Aínda que de apelidos casteláns, as súas árbore xenealóxica é totalmente galego, tanto por parte de Serafín como por Margarita. Pásalle case dez anos á súa irmá Ana, á que admira, da que se emociona falando e á "que lle daba bastante cana" anos atrás. Cana tamén lle daba á primeira cadea de música que lle regalaron na infancia. Etapa na que ademais, comezou a tocar o saxofón.
A música son números, e cun amante dos números e das estruturas dos edificios compartimos A playlist. Pablo Fernández López acabou sendo enxeñeiro, acabou e segue exercendo; e segue tocando: na Banda de Salcedo, na comparsa Amoriños de Bora e na charanga Charandonga. E ademais de atender o seu estudo profesional, de exercer de músico e de presidente da Asociación de Novos Empresarios de Pontevedra, segue retándose.
O primeiro, como conta en PontevedraViva Radio, debeu ser o de saber tocar o saxofón despois de ver como o facía unha compañeira no Colexio Villaverde. Daquela ser Enxeñeiro, conseguir o mellor expediente académico durante unha bolsa Erasmus en Nápoles, volver subirse a unha bicicleta a pesar de que tras unha lesión de xeonllo con 16 anos apartásenlle das dúas rodas. E vaia se volveu: foi un dos 10.000 do Soplao e un Titan Desert...case nada!
Entrando na parte máis persoal, afirma que tivo a gran sorte de namorarse da súa mellor amiga, Marta, á que coñeceu no partido durante a súa etapa política como concelleiro do Partido Popular. Uns anos que aínda que non terminaron con saída pola porta grande, tivo a sabedoría de pechar coa aprendizaxe da experiencia. Segue gozando do camiño Pablo.