RADIO.- Ábrete de orellas con PontevedraViva Radio

Pontevedra
03 de abril 2018

Coa incorporación de Ábrete de Orellas PontevedraViva Radio unha hora semanal de música en base a concertos por Galiza e novidades discográficas, con especial protagonismo para o produto do país

Pepe Cunha dirixe Ábrete de Orellas Ábrete de Orellas

PontevedraViva Radio segue diversificando a súa oferta de streaming e podcast en 2018. Este martes 3 de abril engade á súa programación Ábrete de Orellas, a cuarta incorporación neste cuarto mes do ano.

O programa emitirase todos os martes, ás 21.00 horas.

Pepe Cunha dirixe este programa musical iniciado a finais dos 90 en Ferrol e cuxo proxecto se ampliou en 2003 co portal especializado en música e concertos en Galicia www.abretedeorellas.com.

Quen escoite Ábrete de orellas atopará un programa divulgativo de artistas, salas, concertos e novidades discográficas coa perspectiva do que ocorre en Galicia.

Ábrete de Orellas foi en 2016 Premio Martín Códax da Música na categoría de Espazo de Comunicación Musical e o seu director Pepe Cunha sumou experiencia como comentarista musical en medios como Radio Kaos, Rádio FilispiM, Diario de Ferrol, Radio Fene, De troula, Xornal de Galicia ou a TVG.