A rúa Castelao permanecerá pechada ao tráfico na mañá deste sábado 15

Pontevedra
13 de febreiro 2025

Non se poderá acceder a través da rúa Sagasta entre as 08.00 e as 16.00 horas e só terán permitido o paso aos vehículos que precisen acceder a garaxes a través de Benito Corbal e Daniel de la Sota

Reordenación do tráfico polo corte da rúa Castelao Concello de Pontevedra

O Concello de Pontevedra informa do corte de tráfico previsto para este sábado 15 de febreiro na rúa Castelao entre as 08.00 horas e as 16.00 horas.

Vai quedar bloqueado o acceso a esta rúa a través de Sagasta.

A causa desta imposibilidade de acceder directamente a Castelao con vehículos está nunhas obras que se van acometer na céntrica rúa.

O goberno local establece a posibilidade de que os vehículos que teñan que acceder aos garaxes situados nesta contorna poidan circular pola zona peonil de Benito Corbal. 

Na rúa Daniel de la Sota e na propia de Castelao, durante o período de tempo que dure o corte de circulación, se permitirá transitar nos dous sentidos para ese acceso a garaxes.

Rúa CastelaoMónica Patxot