A asociación ecoloxista Vaipolorío desenvolvía este fin de semana un taller para que os asistentes coñecesen como se poden construír trampas para eliminar avespas velutinas, unha especie invasora que está a afectar sobre todo ás colmeas de abellas de Galicia.
Durante a sesión realizáronse 23 trampas, elaboradas de maneira artesanal con botellas de plástico. Catro destas botellas xa foron instaladas na contorna do río dos Gafos, tamén coñecido como río Tomeza.
A presenza desta especie provocou que a consellería do Medio Rural, en colaboración con outras administracións e representantes do sector apícola, un programa para vixiar e controlar a avespa velutina. A súa presenza pon en perigo o futuro da produción apícola e mingua o papel polinizador das abellas.
As trampas consisten en botellas nas que se practica un orificio polo que a avespa pode entrar pero non logra saír. Dentro déixase viño branco, cervexa e zume para atraelas.