Xesús López Fernández
Sobre as declaraciós de Alonso Montero
La Voz de Galicia do 28.4.2013 recollía unhas declaraciós de Alonso Montero na arrancada da súa presidencia, que confío se convirta en periodo fecundo aínda estando as cousas difíciles prá sanación dun idioma ferido. O home posiciónase en contra do reintegrado aínda comprendendo as súas razós, pero tamén afirma que os que defenden a asunción da ortografía portuguesa desconocen os argumentos sociolingüísticos do sector que agora capitanea o novo presidente, que se mostra oposto a asumir novas reformas na normativa e que chega decir que a el lle gostaría retornar ás normas do 82, que pra min foron xa normas espúreas, nas que o reintegrado estaba infiltrado, coa particularidade de que gran parte do corpo docente prescindía daquela do uso daquelas normas, evitaban recomendare libros de texto e daban as clases por apuntes, actuando algunhas profesoras como "sacerdotisas" de Carballo Calero. (Podo contar algunha historia)
Coido que, ademáis, aquelas normas non foran xa elaboradas pola RAG, según comentaran algús académicos, antr´eles Franco Grande, e sei de algún caso no que alumnos galegofalantes, suspendían a asignatura aínda tendo, talvez, unha maior formación e conocemento da oralidade da lingua, de instalación na fala, que as propias ensinantes. E Alonso Montero afirma que cando se aprobou a última normativa non era partidario de cambia-las normas do 82 e, xa que se cambiaban, non facelo nese sentido. Ante o arraso dos grupos cultos "-cc, ct, pt, etc.", afirma que non lle gosta escribir "dicionario, produto", algo que parece pura esquizofrenia cando impoñen, en cambio, formas como obxecto, adxectivo, respectar, sen traidición no idioma. Antre outras cousas, dí Montero, porque crea problemas no ámbito escolar, aínda que non se propón cambia-la normativa.
Lembremos que, según Méndez Ferrín (nunha entrevista publicada na revista Tempos Novos ou Novos Tempos, xa non sei) os reintegracionistas son os nemigos da fala, algo que tamén decía Novoneyra, nemigo das normas do 82 e das políticas da RAG, do ILG, da AS-PG e dos reintegracionistas, os forxadores da lingua da non-patria. Eso é o que temos actualmente, a lingua da non-patria, a norma da deriva dos iluminados que tentan convertíronnos en portugueses. Mellor que regresare á normativa do 82 sería volver a outras que non por breves eran peores, un corto prontuario coido que do ano 1970. Todo o que veu despois foi a peor. Cada día novos diferencialismos e medievalismos que xa non valen prá fala d´hoxe en día. Pero Alonso Montero e algunha da xente do seu equipo deben outar pola creación popular, porque é a sociedade a forxadora, a inventora e acariñadora do idioma que non precisa dos alquimistas do reintegrado.
Desgraciadamente e como a xente xa pasa do galegués ou galizo e parece inviable o regreso aludido por Alonso Montero, que tamén reconoce que decote hai menos galegofalantes, ó noso idioma parece quedarlle un corto espacio de tempo. ¿Unha xeneración? Talvez menos.
30.04.2013