Mar Seaxá
L´uomo è mobile
Quen lle ía decir a Guiuseppe Verdi que esta aria da ópera Rigoletto poderíase aplicar a algúns homes, como Plácido Domingo, quen de seguro cantouna unhas cantas veces sempre en feminino. Neste caso è mobile porque o que non aceptou antes acéptao agora. Hai uns meses, cando estoupou a noticia de acoso a mulleres, aproveitando a súa posición ante mulleres da súa contorna, negou, calificou de mentirosas e esaxeradas ás que o culpaban dunha conducta noxenta.
Tamén, para el, o tempo è mobile. Estes tempos non son os de antes, porque antes podía acosar a unha muller e non pasaba nada, e agora non. É algo noxento e punible. E as declaracións das mulleres que o sufriron son suficientes para botar por terra a súa carreira. Coidado, que os tempos cambiaron porque as mulleres estamos na loita, porque a moitos aínda lles vai moi ben vivir tempos pasados.
O que pasou neste caso amosa o que aínda temos que sufrir as mulleres, cada vez menos, pero aínda o sufrimos. Cando unha muller acusa a un home de acoso, o que se pon en dúbida é a palabra da muller, de aí que moitas se pensen moito denunciar porque aínda ten máis peso a palabra do home.
É curioso que toda a xente que o apoiou dicindo que era un cabaleiro, educado e incapaz de acosar a ninguén, non apareza agora por ningunha parte. Mudarían de accento e di pensier? Vaia, podería ser, é de sabios rectificar. Pero non, non escoitamos a ninguén dicir que se equivocaron, que pensaban que Plácido Domingo era unha persoa e resultou ser outra. Nada, silencio cómplice aínda así. È sempre misero chi a lui s´affida.
Parte do problema é que moita xente se laia de que a carreira dese home vaia rematar dunha maneira pouco decorosa logo de ser unha referencia no seu. O pasado volve, e se ten que retirarse sen loas e recoñecementos, pois que se vaia para a súa casa logo de ver como se lle van caendo as actuacións e coma o van cesando pouco a pouco. Vaise sen moito ruido e sen unha repulsa clara, algo que non debería ser así.
L´uomo è mobile, qual piuma al vento...