Héctor Santaló
Mutantes
Os programas electorais son documentos curiosos. Definen con ambigüidade os compromisos que cada formación asumirá en caso de chegar ao poder.
Houbo un tempo no que o Bloque Nacionalista Galego de Pontevedra optou por un formato novidoso. No canto de redactar unha listaxe de promesas que poucos lían, aproveitaron que contaban entre as súas filas cunha eminencia da banda deseñada e editaron un cómic no que os candidatos nacionalistas reflectíanse como heroes e ao resto de concelleiros como viláns Torpes e patéticos.
Malia que foi un xesto dubidosa corrección política, foi un éxito de difusión e o que lles reportou o se mellor resultado electoral ata a data.
Tamén foi o único programa electoral que cumpriron, pois que foi nese mandato (2015-2019) no que o BNG gobernou en solitario cando comezou a desdebuxarse a liña entre o debate político e a descualificación persoal nas sesións plenarias.
Repetiron o experimento do cómic no 2019, pero con algo menos de sorte. Aínda que o BNG sacou o segundo dos seus mellores resultados, a expectativa dunha maioría absoluta deixoulle un sabor amargo. Porén, o ton altivo e faltón que mantiñan nos plenos cos representantes doutras formas políticas trasladárono ás súas relacións co persoal.
Nesta campaña xa non conta cun experto debuxante dea un toque de cor e "escarnio" que a faga atractiva á propaganda electoral para o viandante, polo que retornaron ao formato clásico de programa electoral, o tradicional "contrato" que unha formación asina cos seus electores para darlle cumprimento en caso de resultar elixidos.
Sorprendeume gratamente que ese programa "sólido e realista" en palabras do Sr, Alcalde dedica un apartado (2.g) á "modernización da administración municipal".
Unha "administración moderna" e aquela que se apoia nas novas tecnoloxías para simplificar os trámites, acelerar os procesos e reducir custos sen deixar atrás a aquelas persoas que non sentan cómodas co uso das novas tecnoloxías. Pero o programa do BNG va máis aló e se compromete a: "Profundizar na racionalización e organización do traballo administrativo. definindo claramente as obrigas do persoal no cumprimento das súas funcións e sendo garante máximo dos seus dereitos como persoas traballadoras, cuestión que está no ADN do Bloque Nacionalista Galego."
O persoal municipal é unha peza crave nas modernización da administración, diso non cabe dúbida, pero resulta chocante que o BNG queira facer bandeira electoral da "organización do traballo" ou da "definición das funcións dos traballadores" cando, a principio deste mandato, tenia un acordo coas organizacións sindicais no que se abarcaban todos eses a asunto e que eles mesmos, unilateralmente, decidiron "metelo nun caixón" provocando un conflito laboral que aínda non rematou.
Resulta chocante, asemade, que o BNG se autoproclame "O garante máximo dos dereitos" do persoal municipal, cando ata o de agora o único garante deses dereitos foron as salas dos xulgados do contencioso administrativo aos que os traballadores e traballadoras municipais teñen que acudir para defenderse dos abusos da administración.
En todo este tempo no que se optou por facer comics en lugar de programas, chistes en lugar de propostas e insultos en lugar de acordos, O "ADN do Bloque Nacionalista Galego" sufriu terribles mutacións, de xeito que hoxe se asemellan máis aos caciques contra os que loitaban hai anos que ás ideas que xuran defender.
Héctor Santaló
Delegado de persoal do Concello de Pontevedra