Gonzalo Sancho
Amancio Castro González
AMANCIO CASTRO GONZÁLEZ
Fóisenos o Compañeiro Amancio como nunha alegoría cromática de outono
Na súa mochila de viaxe levou as herbas de San Xoán e un portafolios.
Deixounos a Flora do Gafos, os cogumelos, seus coñecementos botánicos.
Qué novas ribeiras vas percorrer? Que singulares estípulas de follas han de chamar a túa atención? Si te topas co Padre Sarmiento dille que no Gafos segue a gromar a “orella de rato”, co seu báculo de prelado monacal, como el a debuxara.
Coñeces ben os sendeiros, sabes de camiños e Natureza. Polos derroteiros
que elixas has de ir ben. Vaias por onde vaias: Vaipolorio.
Gonzalo Sancho Blanco
Presidente de Vaipolorio
Pontevedra, Novembro 2023