Moitas horas sobre o patín e a bicicleta, algún contratempo coa bolsa de ostomía; pero tamén a compañía e ánimos do equipo que lle acompañaba, como a súa parella Tita ou a súa filla Cintia. Todas as lembra no Cara a cara.
Ao longo do percorrido fixo parada en catorce hospitais galegos, para comprobar o estado dos baños adaptados para ostomizados. Lamenta que aínda resulte tabú falar con naturalidade de feces. A experiencia poderase ver en tres ou catro meses, cando Sebastián Álvaro ('Ao fío do imposible') e o seu fillo Javier Álvaro terminen o documental que gravaron sobre esta iniciativa.
Víctor segue coa recuperación deste reto; pero xa este sábado 15 embárcase no percorrido do tramo do Camiño de Santiago entre Tui e a capital compostelá acompañando a unha moza con ELA. Serán catro días. E antes de que termine o ano quere participar nun dos seus hobbies: o campionato de España de bikejoring, adianta en PontevedraViva Radio.
Ademais outubro será un mes intenso paraASEII: estrearase no Teatro Principal o primeiro documental sobre persoas ostomizadas; o día 3 está sinalado a estrea dunha canción sobre a mesma doenza; e para completar, a segunda edición do Congreso de Persoas Ostomizadas.