A Subdelegación do Goberno celebra unha xornada formativa sobre prostitución e trata de seres humanos
Por Redacción
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra celebrou este xoves unha nova xornada formativa ao abeiro das actividades programadas con motivo do 25 de novembro, Día Mundial para a eliminación da violencia contra a muller.
Versou sobre "A realidade da prostitución de a trata de seres humanos" baixo a pregunta "que coñecemos desde o ámbito xurídico, social e policial?".
A subdelegada do Goberno en Pontevedra en funcións, Mabel Alonso, foi a encargada de inaugurar a xornada, mostrando a súa repulsa contra a trata de seres humanos e apelando a seguir traballando para erradicala "pois representa un atentado contra os dereitos fundamentais das persoas e afecta de maneira especial a persoas en situación de vulnerabilidade que son máis susceptibles de caer nestas redes".
A sesión formativa, organizada pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación contou con seis poñentes: Susana García-Baquero, fiscal delegada de Estranxeiría da Fiscalía de Pontevedra; Antonio Manuel Asensio, enfermeiro e garda civil experto en violencia machista; Vanesa Otero, técnica de ACCEM; Ana María García Costas, asesora xurídica da ONG Faraxa; Gemma Blanco, responsable da área de violencia de xénero de Médicos do Mundo; Rubén Penín, garda civil da sección de Persoas e Elsa Marta García, axente da Policía Nacional xefa da unidade contra Redes de Inmigración e Falsidade.
Relacionadas:
-
Organizan unha xornada formativa centrada nas mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero
Por Redacción |
-
Detido un home de 40 anos por empuxar a súa parella provocando que caera polas escaleiras
Por Redacción |
-
Xornada formativa sobre o réxime de visitas en casos de vítimas de violencia sobre a muller
Por Oskar Viéitez |