Organizan unha xornada formativa centrada nas mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero
Por Redacción
A Subdelegación do Goberno en Pontevedra súmase á programación polo Día Internacional das Mulleres ofrecendo unha xornada de formación centrada na atención ás vítimas de violencia machista sobre o marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras.
Segundo informou o subdelegado do Goberno, Abel Losada, o obxectivo da xornada é ampliar a formación do persoal dos servizos sociais e Centros de Información á Muller (CIM), traballadores e traballadoras de ONG, membros das forzas e corpos de seguridade, avogados e avogadas e calquera outro profesional que traballe no campo da prevención da violencia de xénero.
A actividade levará a cabo no salón de actos da Subdelegación o día xoves 7 de marzo entre as 10.00 e as 12.00 horas.
O xefe da Oficina de Estranxeiría da Subdelegación do Goberno, Juan Carlos Vázquez, será o encargado de impartir a formación.
A asistencia é gratuíta pero as prazas limitadas, polo que é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico a secretaria_general.pontevedra@correo.gob.es indicando nome, apelidos, DNI, teléfono, dirección electrónica e profesión.
Relacionadas:
-
Ata 284 mulleres estranxeiras están a ser vítimas de violencia de xénero na provincia de Pontevedra
Por Redacción |
-
Entra en funcionamento unha canle directa dos Servizos Sociais en Pontevedra
Por Redacción |
-
Reyna, acróbata da orquestra Panorama, estrela para conmemorar o 8M en Barro
Por Anxo Lourido |
-
A Subdelegación do Goberno celebra unha xornada formativa sobre prostitución e trata de seres humanos
Por Redacción |