A antiga central de Telefónica en Santo Antoniño xa é de propiedade municipal
Por Redacción
Algo máis de 17.000 euros é o prezo que vén de pagar o Concello de Barro para adquirir a parcela na que se sitúa a antiga central de Telefónica en Santo Antoniño.
Unha vez que quedou sen uso, despois de que a compañía centralizara todas as operacións do municipio na nova central de Curro, os terreos acollerán o novo centro de saúde.
O alcalde de Barro, Xosé Manuel Fernández Abraldes, asinou este martes en Madrid a compra desta parcela que para el é "fundamental" para estruturar o núcleo de Santo Antoniño.
Cando se constrúa o centro de saúde, segundo Fernández Abraldes, "poderemos dispor dun gran solar entre os terreos do actual centro de saúde, os da central de Telefónica e a parcela do composteiro para construír un novo equipamento cunha gran superficie".
O obxectivo do alcalde e do goberno municipal é poder construír un edificio destinado aos coidados da xente maior do concello, deixando un espazo para a construción dunha cafetería que, unha vez quitada a concurso a súa explotación, poida dar servizo a toda esa zona.
Relacionadas:
-
Barro aproba o cambio da cuberta do pavillón e a compra do solar da antiga central de Telefónica
Por Redacción |
-
Último paso administrativo para a cesión á Consellería da parcela do novo centro de saúde de Barro
Por Redacción |
-
Asinan o convenio para a construción dun novo centro de saúde de Barro
Por Oskar Viéitez |