Restricións de tráfico durante o domingo 31 con motivo da San Silvestre
Por Anxo Lourido & Cristina Saiz
A carreira popular multitudinaria da San Silvestre que transcorrerá por Pontevedra cun novo percorrido este domingo 31 de decembro obrigará a que a Policía Local estableza un plan de tráfico con prohibición de acceso a distintos puntos da cidade de Pontevedra durante o transcurso e os preparativos da proba deportiva.
Segundo informan desde o Concello pontevedrés, o tramo das avenidas de Bos Aires e Uruguai, que se atopa situado entre a ponte de Santiago e a ponte de As Correntes, permanecerá pechado á circulación rodada entre as 15.30 horas e as 18.00 horas aproximadamente.
Os vehículos serán desviados cara ás rúas Domingo Fontán e Xoán Manuel Pintos, tal e como figura no gráfico da Policía Local.
Durante esas horas da tarde, mentres se desenvolva a proba, ningún vehículo poderá acceder nin saír nesa zona afectada.
O percorrido da San Silvestre iniciarase na Avenida de Bos Aires ao redor das 17.00 horas coa futbolista pontevedresa Tere Abelleira dando a saída.
Este ano esa saída non será desde a avenida de Montero Ríos, como era tradicional, por motivos de seguridade ao atoparse situadas neste espazo as aulas portátiles do Instituto Valle-Inclán con motivo da execución das obras que se realizan no centro educativo.
Os vehículos serán desviados cara ás rúas Domingo Fontán e Xoán Manuel Pintos
A continuación, a marcha popular realizará o seguinte itinerario: avenida de Uruguai, Travesía Galera, Arcebispo Malvar, Fernández Villaverde, Curros Enríquez, Rúa Real, Sarmiento, Pasantería, Paseo Odriozola, Praza da Peregrina, Rúa Peregrina, Andrés Mellado, Praza de Galicia, Praza da Constitución, Iglesias Vilarelle, Xeneral Rubín, Augusto García Sánchez, Praza de Galicia, Augusto González Besada, Riestra, Praza de España e finalización en Montero Ríos, na contorna da Alameda.
O prazo para inscribirse nesta proba popular continúa aberto ata o 30 de decembro no número 1 da Rúa Castelao, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 17.30 a 20.30 horas. O mesmo día da proba tamén será posible apuntarse no mesmo lugar entre as 10.00 e as 13.30 horas.
Relacionadas:
-
GALERÍA DE FOTOS.- Saída da San Silvestre 2023
Por Redacción |
-
Anímase o ritmo de recollida de dorsais para participar na San Silvestre 2023
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Unhas 1.500 persoas incribíronse xa para participar na carreira de San Silvestre
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Tere Abelleira dará a saída á San Silvestre 2023 de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O Nadal volve "poñer o foco" no mercado, con música, un mercado creativo e badaladas adiantadas
Por Natalia Puga |
-
A San Silvestre 2023 reparte os seus primeiros dorsais
Por Diego Espiño |
-
Un percorrido máis curto e con cambios: Así será a San Silvestre de Pontevedra 2023
Por Diego Espiño |
-
A ponte do Burgo acollerá a saída da San Silvestre de Pontevedra 2023
Por Diego Espiño |