A recta final do ano chega a Poio cargada de música e actividades de Nadal
Por Redacción
A programación de Nadal organizada polo Concello de Poio continúa esta semana e na recta final do ano, coas Aldeas de Nadal e a carpa Poio Máxico como epicentro das actividades.
Este xoves 28, ás 16.30 horas, a batukada 'Os Queimatasas' abre a animación polas rúas de Raxó e ás 17.30 horas será a quenda da Fedelleneta con Tere e Javi Solla Animación.
No escenario da carpa Poio Máxico celebrarase a Gala do Circo ás 18.00 horas. Alí, Moura Teatro presenta os espectáculos 'Clowntaminación', con Rudi Dudi; 'El autoestopista intergaláctico', con Aitor Garuz; e 'Sin medidas', con Jano Costas.
A xornada rematará ás 19.00 horas co concerto de panxoliñas Canta nas Croas na Aldea das Palleiras, organizado polo Ateneo Corredoira, na Praza da Chousa.
O sábado 30 a programación comezará ás 11.30 en Samieira, co pasarrúas da batukada 'Os Vikingos'. Ata a Aldea dos Muíños, ás 12.30 horas, achegarase a Fedelleneta coa animación de Tere e Javi Solla DJ. Xa pola tarde, a música trasladarase primeiro ata a Aldea dos Patos, en Lourido, onde o pasarrúas correrá a cargo dos 'Queimatasas' a partir das 16.30 horas. Ás 17:30 será a quenda do Circo do Nadal con Nelson Quinteiro.
Na Aldea das Badaladas, en San Martiño, a festa comezará ás 19.00 horas, coa participación da batuka 'Os Queimatasas' e as actuacións de Nelson Quinteiro e das pandereteiras do Ronsel como aperitivo antes das badaladas pre fin de ano, unha festa neón para a mocidade que arranca ás 21.00 horas, e na que non faltarán as uvas, grafitti ao vivo e a música do DJ Arrow. Colaboran con esta celebración o alumnado, profesores e ANPA do IES de Poio.
O día 31, na Igrexa San Bernardo de Combarro poderase visitar o Belén Vivente do Ateneo Corredoira ás 12.30 horas e, pola tarde, a programación trasládase á Aldea da Capela, en Campelo, coa batukada 'Os vikingos' e as cancións da Aldea Musical do Nadal, con Nelson Quinteiro (18.30 horas).
Durante toda a semana continuarán tamén os talleres e xogos no interior da carpa Poio Máxico, un espazo deseñado para todas as idades, con áreas de xogos de 0-3 anos, doce talleres diarios de manualidades, inchables, zona xuvenil con mesa de ping pong e espazo de videoxogos, así como unha área de lactancia. A entrada é de balde.
Relacionadas:
-
Os Reis Magos despídense cunha festa en Poio
Por Redacción |
-
Os Reis Magos despediranse dos nenos de Poio este sábado cunha cabalgata e moita festa
Por Redacción |
-
Concerto de Aninovo no Mosteiro de Poio
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Alcaldes e alcaldesas felicitan as festas e o novo ano aos seus veciños
Por Alejandro Espiño |
-
Dezasete familias de Poio recibirán un menú solidario esta Noiteboa
Por Redacción |
-
O venres inaugúrase a carpa Poio Máxico, con obradoiros, xogos e actividades para todas as idades
Por Redacción |
-
A Fedelleneta do Nadal visita esta semana os centros escolares de Poio
Por Redacción |
-
A 'papanoelada ciclista' organizada por Arousa en Bici celebrarase este domingo
Por Redacción |
-
A Casa Rosada acolle un Festival de Nadal para persoas maiores
Por Redacción |
-
Onda de solidariedade da veciñanza de Poio
Por Redacción |
-
Máis de 300 persoas acompañarán a comitiva dos Reis Magos na cabalgata de Poio
Por Redacción |