Onda de solidariedade da veciñanza de Poio
Por Redacción
A concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, amosa o seu agradecemento á "onda de solidariedade que a veciñanza de Poio está demostrando nestas semanas previas ao Nadal" en cada unha das iniciativas benéficas que se están organizando, ben a través do propio Concello de Poio como de diferentes colectivos e asociacións, e que permitirán repartir alimentos e xoguetes entre familias en situación de especial vulnerabilidade do municipio.
"Poio é un concello moi comprometido, así o ten demostrado en numerosas ocasións durante todo o ano, pero é certo que nestas últimas semanas toda a veciñanza estase involucrando e colaborando de xeito moi especial", sinala Torres.
Este mesmo luns a concelleira recibiu do CEIP de Lourido un gran lote de alimentos non perecedoiros que o alumnado recadou no seu Mercadillo Benéfico, no que cambiaron as súas propias creacións e accesorios por lotes de comida.
E, tamén nesta xornada, os organizadores da Andaina Benéfica Ruta dos Pobos entregaron xoguetes, doces de Nadal e alimentos que os participantes doaron no momento da recollida dos seus dorsais.
Estas dúas accións solidarias súmanse á campaña posta en marcha polo Concello de Poio para que ningunha crianza quede sen xoguetes, que foi un éxito de participación. De feito, estes días están preparando todas as doazóns para repartir entre as familias nos días previos ao Nadal.
Por último, recorda Natividad Torres que hai só unha semana os servizos sociais recibiron tamén lotes de comida doada pola Sociedade Cultural e Deportiva de Samieira tras o seu Festival Benéfico e, nos próximos días, tamén farán entrega do recadado nas 'Caixas da Ilusión' promovidas por Moura teatro e a batucada Os Queimatasas.
"Podemos presumir da xenerosidade dos nosos veciños, temos un concello moi implicado, ao que lle gusta axudar e co que sempre se pode contar", conclúe.
Relacionadas:
-
Unha axuda municipal de 3.799 euros reduce o prezo do comedor do CEIP de Lourido para as familias
Por Redacción |
-
A recta final do ano chega a Poio cargada de música e actividades de Nadal
Por Redacción |
-
Dezasete familias de Poio recibirán un menú solidario esta Noiteboa
Por Redacción |
-
A Fedelleneta do Nadal visita esta semana os centros escolares de Poio
Por Redacción |
-
Volven as "Caixas da ilusión", en beneficio das familias máis vulnerables de Poio
Por Redacción |
-
Abertas as inscricións para participar na andaina benéfica 'Ruta dos Pobos'
Por Redacción |
-
En marcha a campaña "Ningunha crianza sen xoguete" do Concello de Poio
Por Redacción |