Volven as "Caixas da ilusión", en beneficio das familias máis vulnerables de Poio
Por Redacción
O grupo Moura Teatro e a batucada Os Queimatasas repiten campaña solidaria "Caixas da ilusión" tras o éxito acadado o ano pasado.
Varios establecementos do municipio contarán, entre este luns e o 15 de decembro, coas "Caixas da ilusión", nas que os veciños poderán depositar alimentos non perecedoiros que, posteriormente, entregaranse no departamento dos Servizos Sociais do Concello de Poio.
Precisamente, a concelleira de Benestar e Igualdade, Natividad Torres, que participou na presentación da campaña, agradeceu a implicación dos colectivos e a solidaridade dos veciños de Poio. "O noso é un concello solidario, ao que lle gusta axudar e co que se pode contar sempre", destacou.
Con esta acción, segundo explicaron desde a organización, pretenden facilitar que todas as persoas que queiran, podan colaborar coa recollida de alimentos nunha época especialmente sensible. Así, poderán facelo sempre nalgún establecemento próximo aos seus fogares ou traballo, xa que as caixas estarán durante as próximas semanas en varios puntos de todas as parroquias.
Ademais, a través das redes sociais co perfil "Poio Colabora" así como dos colectivos organizadores, Os Queimatasas e Moura Teatro, ofrecerase información detallada dos establecementos colaborados para facilitar as aportacións.
Xunto con esta campaña, estas agrupacións organizaron este ano a Gala Poio Colabora, que pretenden instaurar no mes de maio e realizala anualmente, xa que consideran que as necesidades están aí todo o ano e a acollida da edición pasada foi todo un éxito.
Relacionadas:
-
Onda de solidariedade da veciñanza de Poio
Por Redacción |
-
Somos Ponte pon en valor a solidariedade pontevedresa
Por Oskar Viéitez |
-
Poio contará cun roupeiro municipal para axudar ás familias con dificultades
Por Redacción |
-
En marcha a campaña "Ningunha crianza sen xoguete" do Concello de Poio
Por Redacción |