A Xunta dá o visto e prace á construción de 74 novas vivendas públicas en Valdecorvos
Por Redacción
A Xunta de Galicia deu o visto e prace á licitación das obras de construción ou de rehabilitación de 74 vivendas públicas no barrio pontevedrés de Valdecorvos.
As vivendas adxudicaranse en réxime de alugueiro entre as persoas rexistradas no Rexistro único de demandantes de vivenda nas correspondentes localidades.
Estas 74 VPP de Pontevedra construiranse en Valdecorvos por un importe de licitación de máis de 15,6 millóns de euros.
O inmoble, de catro bloques e seis pisos, inclúe 144 prazas de aparcamento, 74 rochos, cinco locais comerciais e un local comunitario. As 74 vivendas repártense entre 20 de dous dormitorios, 50 de tres e 4 de catro dormitorios. Entre as vivendas de dous dormitorios haberá catro adaptadas para persoas con mobilidade reducida.
O futuro edificio conta cunha planta subterránea -un soto- onde estarán as prazas de garaxe, mentres que na planta baixa se situarán os locais comerciais ademais dunha zona axardinada sobre o soto e entre os distintos bloques.
Nos andares que van do 1 ao 4 estarán as vivendas, mentres que nas plantas baixo cuberta se situarán os rochos.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou esta licitación, aprobada polo Consello de la Xunta desta semana dentro dun paquete de 231 vivendas públicas en sete concellos galegos.
Relacionadas:
-
Seis novas promocións inmobiliarias construirán máis de 260 vivendas en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A licitación diversos servizos relacionados coa construción de 74 vivendas públicas en Valdecorvos
Por Redacción |
-
Alfonso Rueda, no acto de Nadal do PP pontevedrés, pide un último esforzo de cara as eleccións
Por Redacción |
-
Lores e Rueda acordan "darlle unha volta" á variante de Alba e ampliar O Campiño
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Adxudicada a redacción do proxecto e a dirección de obra das 76 vivendas sociais en Valdecorvos
Por Redacción |
-
O mercado inmobiliario de Pontevedra, á alza con 428 novas vivendas en dous anos que van "completando a cidade"
Por Natalia Puga |
-
A Xunta prevé instalar un novo transformador en Valdecorvos para reforzar o servizo eléctrico da zona
Por Redacción |
-
Ángeles Vázquez anuncia que este ano están proxectadas máis de 200 novas vivendas protexidas en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |