Os empresarios demandan publicitar as Rías Baixas promovendo eventos
Por Oskar Viéitez
O vindeiro luns, día 10, iníciase unha segunda fase do proxecto "Smart, Destiño Turístico Rías Baixas", na que un equipo de 10 técnicos da Deputación provincial se entrevistará con 1.650 empresas e asociacións relacionadas co sector turístico, co obxectivo de definir esta iniciativa.
Este proceso para a creación dunha Plataforma Tecnolóxica conta cun presuposto de 2,5 millóns cofinanciados pola Unión Europea.
Polo de agora, levanse realizadas 18 sesións en vilas e cidades da provincia nas que participaron 276 empresas do sector (hoteis, restaurantes, bodegas, axencias, empresas complementarias, etc.).
O presidente da Deputación, Rafael Louzán, informou que nas xuntanzas de traballo celebradas ata agora, o sector turístico provincial demandou melloras en sinalización, coidado do Patrimonio e mellores comunicacións hacia o exterior, sobre todo de aeroportos, e valorou moi positivamente accións promocionais como La Vuelta ciclista a España.
Os empresarios demandaron publicitar as Rías Baixas promovendo eventos
Según explicou Louzán, os empresarios demandaron tamén publicitar as Rías Baixas promovendo eventos.
Na definición de Estratexias de Destiño, os empresarios piden potenciar as Rías Baixas en novos mercados, como México e Estados Unidos, continuar en Europa cunha estratexia de proximidade e, no ámbito español, realizar accións promocionais en comunidades como Asturias (pola apertura da Autopista do Cantábrico) e Cataluña (polo carácter viaxeiro da súa sociedade e polo alto gasto que producen).
En asuntos relativos á Comercialización, valoran a creación dunha Plataforma Tecnolóxica bidireccional (o chamado Turismo 2.0) e suxiren campañas como a creación e promoción de eventos (surf, exhibicións de voos Red-Bull, recreacións históricas, etc.); promoción a través dos Centros Galegos do exterior; presencia en Guías Repsol, Michelín, etc.; anuncios en Tv; adicación especial a Blogs turísticos, xornalistas e prescriptores turísticos especializados, etc.
SELO DE CALIDADE
En relación á creación da Plataforma Tecnolóxica Turística, incluida no proxecto Smart Rías Baixas Destiño Intelixente, os representantes das empresas aconsellan crear un filtro en canto ás empresas que se inclúan nela para garantizar a marca Rías Baixas e suxiren que se inclúan as que teñan selo de calidade.
"Asociar as Rías Baixas ao Turismo da Cultura e das Emocións, sempre baixo a bandeira da calidade"
O obxectivo do Smart é facer un destino máis competitivo, máis diferenciado e máis fiable "e esto só o consigueremos profundizando na colaboración co sector privado no rigor, na competitividade, na eficiencia e no servizo", asegurou Louzán.
En base a ese obxectivo, indicou que a estratexia da Deputación diríxese "á internacionalización, á colaboración público-privada, á accións tendentes a ampliar e desestacionalizar a nosa oferta, a potenciar a calidade e asociar as Rías Baixas ao Turismo da Cultura e das Emocións, sempre baixo a bandeira da calidade".
Relacionadas:
-
Louzán aposta por un 'Plan Renove' para mellorar as infraestruturas turísticas das Rías Baixas
Por Alejandro Espiño |
-
Turismo Rías Baixas busca atraer máis visitantes estranxeiros, turistas que gastan tres veces máis que os nacionais
Por Redacción |
-
As Rías Baixas nunha "caixa-regalo": novedosa iniciativa turística
Por Oskar Viéitez |