Reparado o acceso á igrexa de San Bartolomeu coa instalación dunha nova tarima
Por Redacción
Durante esta semana está a traballarse na instalación da nova tarima de acceso á igrexa de San Bartolomeu no centro histórico de Pontevedra.
A concellería de Servizos Urbanos básicos, responsabilidade do edil Xaquín Moreda, acometeu a reparación do pavimento exterior de ingreso ao templo.
Os traballos consistiron en cambiar a tarima de madeira que presentaba pezas deterioradas por unha nova que evite riscos para as persoas que acoden á igrexa.
A empresa GPD foi a encargada de asumir a obra cun contrato de 24.135 euros.
O Concello priorizou esta intervención a peticióo do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores que defende o mantemento dos espazos públicos "en perfecto estado de uso", garantindo a seguridade para as persoas que se achegan ao templo.
Relacionadas:
-
Aberta a ponte do Gafos para conectar a senda fluvial con Josefina Arruti
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
A campaña de mellora urbana e ambiental chega a Monte Porreiro
Por Redacción |
-
O Concello nega a polémica polo Parque das Regas: "Estamos executando o que se deixou planificado. Nin máis nin menos"
Por Natalia Puga |