O izado público da bandeira abrirá o bicentenario da Policía Nacional en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O vindeiro sábado, día 13 de xaneiro, a Policía Nacional cumpre 200 anos de historia. Baixo o lema "Comprometidos contigo", este bicentenario é un fito histórico que conforma á Policía Nacional como o corpo estatal máis antigo de todas as Forzas e Corpos de Seguridade de España.
A conmemoración do bicentenario levará a cabo durante todo o 2024, mediante un extenso programa de actividades que se desenvolverán por todo o territorio nacional.
Estes actos arrincarán o vindeiro sábado, 13 de xaneiro ás 12 horas, co izado da bandeira de España en diferentes cidades. En Pontevedra levará a cabo na Praza de España, a pé da escalinata da Subdelegación do Goberno.
Tamén se iluminarán en cor azul algúns edificios como a igrexa da Virxe Peregrina e o Pazo da Deputación Provincial.
Durante o 2024 están programados diferentes actos como actividades e acontecementos culturais e de lecer, exhibición de espectáculos audiovisuais e musicais, a celebración de exposicións e seminarios ou a edición de material promocional e informativo.