O plan renove e o apagamento dixital, explicados paso a paso polo equipo de Tien 21 Urbe Electrodomésticos
Nunha semana, o 8 de febreiro, arrinca o Plan Renove polo que a Xunta subvenciona con entre 100 e 450 euros a renovación de electrodomésticos nos fogares galegos.
En Pontevedra, Tien 21 Urbe Electrodomésticos (Rúa Doce de Novembro, 27, en fronte da Pasarela) é un dos establecementos que realizan todos os trámites para que o cliente poida beneficiarse desta axuda.
Alejandro Pedras, xerente; Juan José Miniño "Hamchy" e David Fontela, encargados de tenda; e Ramón Carballude, repartidor-instalador, todos eles profesionais con ampla experiencia no sector, explican como acceder a esta subvención.
- Que é o Plan Renove de Electrodomésticos?
Son unhas axudas da Xunta que parten de Europa para renovar os electrodomésticos antigos por uns máis eficientes enerxeticamente, é dicir, que consuman menos.
- Que prazos hai para solicitar a axuda?
A axuda empeza o 8 de febreiro. No Diario Oficial de Galicia vén publicado que se pode pedir ata setembro, ou ata esgotar fondos (un total de 2.175.000 euros). Por experiencia de anos anteriores, podemos dicir que o plan dura aproximadamente mes e medio, que vén sendo o prazo no que se esgotan os fondos. Por iso animamos a que a xente interesada veña canto antes.
- Que tipo de electrodomésticos cobre?
Os electrodomésticos subvencionables son frigorífico, frigorífico-conxelador, conxelador, lavadora, lavasecadora, lavalouzas e placa de indución total.
A cuestión é cambiar por un electrodoméstico máis eficiente. No caso do frigorífico, o frigorífico-conxelador e o conxelador, o que se compre ten que ser de clasificación enérxica A, B, C ou D. A lavadora e lavasecadora teñen que ser de clase A ou B, que xa son a maioría do mercado. En lavalouzas, subvenciónanse as clases A, B e C. E en placas de indución, só se indica que teñen que ser de tecnoloxía de indución total (non mixta), que é a tecnoloxía máis eficiente enerxeticamente.
- Cal é o aforro do que pode beneficiarse o consumidor en cada tipo de electrodoméstico?
Dependendo de en que categoría se atope o consumidor, vai variar a axuda. Hai tres categorías: o consumidor xeral, consumidor vulnerable e consumidor vulnerable severo. Estos dous últimos abarcan ás persoas beneficiarias do bono social eléctrico, que vén reflectido no recibo da luz.
No caso do frigorífico, frigorífico-conxelador e conxelador: para o consumidor xeral sería un aforro de 150 euros, un consumidor vulnerable 300 euros e un vulnerable severo chegaría a axuda ata os 450 euros.
En lavadora, lavasecadora, lavalouzas e placas de indución: a axuda máxima en cada un destes electrodomésticos sería para o consumidor xeral de 100 euros, para o vulnerable de 200 e para o vulnerable severo de 300 euros.
De todas as maneiras, isto vai por porcentaxes. No caso do vulnerable severo daríanlle un máximo do 75% do prezo do electrodoméstico, no caso do vulnerable sería o 50% e no caso do consumidor xeral un 25%.
- Como se solicita a axuda?
A axuda xestionámola en tenda. A persoa soamente ten que achegar o carné de identidade e, no caso de que sexan consumidores vulnerables, a maiores o recibo da luz e nós dende a tenda xa o xestionamos todo a través da web da Xunta.
Tamén teñen que asinar un papel, que é a solicitude, e xa se lle aplica o desconto directamente, a propia tenda asume o custo.
Algo que nos gustaría aclarar é que, ata que non se esgoten os fondos, todo o mundo terá a súa axuda. Porque moita xente pregúntanos se depende da renda. O que lles respondemos é que para acceder á axuda non hai ningunha condición económica, só que sexa unha compra para unha vivenda situada na Comunidade Autónoma de Galicia para substituír un electrodoméstico cuxa retirada ten que realizar un xestor autorizado (neste caso nós, Tien 21 Urbe Electrodomésticos).
- Hai algunha excepción coas persoas que xa se beneficiaron desta axuda en anos anteriores?
As persoas que foron beneficiarias en edicións anteriores non poderán repetir o mesmo tipo de electrodoméstico subvencionado con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2020. E despois hai outra consideración: un beneficiario só poderá recibir axuda pola substitución dun único electrodoméstico de cada unha das tipoloxías de equipos incluídos na convocatoria, e cun máximo de dous electrodomésticos por beneficiario.
APAGAMENTO DIXITAL
Este mes chega un cambio importante para os consumidores. A partir do 14 de febreiro de 2024 producirase o "apagamento dixital", é dicir, que será obrigatorio que todas as canles de televisión en España emitan unicamente en calidade de alta definición (HD), polo que as canles en definición estándar (SD) desaparecerán.
O 14 de febreiro producirase o "apagamento dixital" e para algúns televisores haberá que adquirir un decodificador TDT 2
"Igual que houbo un apagamento analóxico hai uns anos, que houbo que comprar un aparello TDT, agora vai haber un apagamento dixital. E isto consiste en que todos os televisores que non teñan un sintonizador dixital de alta definición, non van poder emitir as canles", comenta Alejandro Pedras, xerente de Tien 21 Urbe Electrodomésticos.
"Hai moitas casas que teñen televisores con sintonizador dixital pero que non é HD, neste caso, van deixar de ver a tele. E tamén hai moitas casas que teñen o que é o decodificador portátil, o TDT, pero se non é un decodificador en HD, o TDT 2 que lle chaman, tampouco van poder ver a televisión para partir do 14 de febreiro", matiza.
Dende Urbe Electrodomésticos aclaran que a maioría dos televisores que se venderon nos últimos anos xa veñen preparados con sintonizador para ver canles en HD, pero que, ante a dúbida, calquera persoa se pode achegar ata a tenda e o persoal infórmalle se o seu televisor necesita ou non un adaptador.
No caso de que o televisor non estea adaptado á alta definición, a persoa poderá adquirir un novo decodificador (sintonizador dixital terrestre TDT 2) por un prezo de ao redor de 40 euros. "Os decodificadores xa levamos un tempo vendéndoos, non é algo novo, pero non eran imprescindibles, agora si van ser imprescindibles e témolos en tenda". Outra opción é comprar un novo televisor, nese caso ofrecen un abano de prezos sempre adaptados ao presuposto do cliente.
SERVIZO INTEGRAL
Un dos aspectos que distinguen a Urbe Electrodomésticos é o servizo integral que ofrecen na entrega a domicilio dos electrodomésticos.
En Tien 21 Urbe Electrodomésticos realizan un servizo integral: entrega, instalación e adaptación do novo electrodoméstico, retirada do antigo e atención de urxencias
"Cando compramos un electrodoméstico, non só é levalo a casa, a miúdo hai que adaptalo a un espazo. Atopámonos moitas veces que o electrodoméstico non cabe porque o anterior tiña unhas medidas estándar de hai anos, e agora algunhas cambiaron. Tamén facemos ese tipo de adaptación. Para iso traballamos carpintería e fontanería. Todos os servizos de entrega, instalación e adaptación vainos ter o cliente".
Alejandro Pedras insiste en que este servizo é o que os destaca "como tenda de barrio tradicional, ao contrario da Internet, que ti podes comprar unha oferta moi boa pero tes que saber despois instalar o teu electrodoméstico. Nós facemos todo, tamén a retirada do antigo".
Como tenda de proximidade, o coidado do servizo posvenda é fundamental. "Se a un cliente se lle estraga o electrodoméstico, tentamos darlle resposta en 24 horas ou mesmo menos. Nós temos unha ruta marcada de repartición e sempre deixamos algunha hora para urxencias, é algo que nos diferencia dos negocios en liña ou as grandes áreas comerciais", apunta Pedras.
TIEN 21
Urbe Electrodomésticos é un establecemento asociado a Tien 21. "Nós traballamos en Pontevedra pero temos sempre opcións de conseguir produto que non teñamos nos nosos almacéns. Tien 21 é un grupo nacional, ten un almacén loxístico grandísimo e dun día para outro podemos conseguir marcas ou referencias que se cadra non teñamos aquí en stock".
Tanto en pequeno como en grande electrodoméstico, Alejandro Pedras enumera sete marcas de referencia en Urbe Electrodomésticos: Smeg, Miele, AEG, Siemens, Bosch, Balay e Cecotec.
Todos os electrodomésticos teñen 3 anos de garantía e contan con financiamento de ata en 12 meses sen intereses.
En Urbe traballan con todas as familias de electrodomésticos. De entre todos eles, o xerente destaca a demanda crecente en deshumidificadores.
"Este outono e o inicio do inverno estiveron pasados por auga e a venda do deshumidificador foi importante, pero tamén a estas alturas séguense vendendo case todos os días, tanto para quitar a humidade de casa como para secar a roupa", sinala Pedras.
Engade que en Galicia, polo tipo de clima, todas as vivendas deberían ter polo menos un deshumidificador, un seguro de saúde que, á parte de reter a humidade, tempera o fogar.