Moraña renova o firme da EP-8201 en dirección Santa Xusta
Por Redacción
O Concello de Moraña está a renovar o firme dos treitos deteriorados da estrada provincial EP-8201 en dirección a Santa Xusta despois de que a Deputación de Pontevedra atendera favorablemente a solicitude cursada polo goberno local.
O alcalde, Sito Gómez, realizou unha visita a estes traballos, que se executan en diversos treitos de máis de 500 metros de lonxitude na contorna do lugar das Pontellas e se completará proximamente co ensanchamento de dous treitos sinuosos que hai nesta zona.
Gómez indicou que esta reposición "era moi necesaria" despois de "estar abandonada durante os últimos anos por parte do anterior goberno da Deputación", e detallou que tamén corrixirán e ampliarán "un par de puntos moi estreitos e con pouca visibilidade nos que se mellorará a seguridade viaria".
Aproveitando esta actuación na estrada de Santa Xusta, o Concello aproveitou para acometer dúas canalizacións de pasantes das augas de escorrentía en senllos puntos co obxectivo de que non desborden pola calzada e afecten á circulación.
"Decidimos executala neste momento porque así xa lle poñemos fin a un problema coas augas e ademais evitamos ter que levantar a calzada posteriormente co conseguinte gasto económico e molestias para os usuarios", concluíu o rexedor.
Relacionadas:
-
Case 750.000 euros para renovar a iluminación pública en Moraña
Por Redacción |
-
Moraña inicia un ciclo de actividades para axudar no coidado da saúde dos veciños
Por Redacción |
-
Preto de 200.000 euros permiten renovar os dous pavillóns municipais de Moraña
Por Redacción |
-
Reunión técnica na Deputación para abordar as melloras nas estradas provinciais de Moraña
Por Redacción |
-
Negocian ampliar as horas asignadas en Moraña ao servizo de axuda no fogar
Por Oskar Viéitez |