Os Palleiros reclama na rúa unha lei contra o maltrato animal
Por Redacción
Un bo número de pontevedreses, acompañados na maioría dos casos das súas mascotas, concentráronse en Pontevedra reclamando unha lei que castigue con dureza o maltrato e o abandono dos animais.
A protectora Os Palleiros foi a convocante da protesta, celebrada durante a mañá deste domingo na Praza de España da cidade de Lérez.
Os asistentes solicitou aos gobernantes "que protexan aos animais de tantas inxustizas e abandonos" nunha concentración que se repetiu noutras cidades do estado.
XORNADA DE APOIO AOS CANS DE RAZAS PERIGOSAS
O refuxio de animais dos Palleiros está a organizar para o próximo domingo, día 23 de febreiro, unha xornada de apoio aos denominados Cans Potencialmente Perigrosos, como poden ser os Pitt Bull ou Rottweiler, entre outros.
A intención, segundo explicaron na concentración da Praza de España, é que "a xente os acaricie, vexa que son sociais como calquera outra raza e que a agresividade non é a raza senón o comportamento, porque o can será o que ti lle ensines".
A xornada arrancará ás 11:00 da mañá.