Os Palleiros sae en apoio ás "razas inxustamente demonizadas"
Por Redacción
O refuxio de animais Os Palleiros organizou este domingo unha xornada de apoio aos denominados Cans Potencialmente Peligrosos, "razas inxustamente demonizadas".
A actividade consistiu nun paseo pola Xunqueira de Alba.
O 23 de febreiro celebrouse, por primeira vez, o Día Internacional en Apoio ao Can Mal Considerado Perigoso. Unha xornada que buscaba concienciar e traballar en favor destes animais.
En España existen oito razas de can consideradas como potencialmente perigosas: Pit Bull Terrier, Rottweiler, Dogo Arxentino, Staffordshire Bull Terrier, American Staffordshire Terrier, Fila Brasileiro, Tosa Inu e Akita Inu. Segundo establece o Real Decreto 287/2002, do 22 de marzo, que desenvolve a Lei 50/1999 sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.