Apróbase definitivamente o orzamento municipal de Marín ao non recibir alegacións
Por Redacción
Unha vez finalizado o período de exposición pública do Orzamento Municipal do Concello de Marín, non se presentaron alegacións ao documento, segundo informaba Manuel Santos, concelleiro de Facenda.
Agora será publicado no Boletín Oficial da Provincia, que permite a tramitación da aprobación definitiva e a súa entrada en vigor.
Trátase dun orzamento que ascende a 16.432.099 euros, ao redor dun millón de euros máis que no ano 2023. Preto do 52,5% dos ingresos procede de taxas e impostos directos e indirectos municipais. O resto procede dos Tributos do Estado e da Xunta de Galicia.
O gasto repártese nas seguintes áreas:
- - Seguridade cidadá: Policía Local e Protección Civil, ademais de mobilidade urbana: 1.699.213 euros (10,41%)
- - Urbanismo e vías públicas: 1.259.231 (7,72%)
- - Servizos de abastecemento, rede de sumidoiros e iluminación público: 2.183.221 euros (13,40%)
- - Limpeza de espazos públicos e xestión de residuos urbanos: 2.405.921 euros (14,72%)
- - Mellora ambiental e mantemento de parques e xardíns: 850.007 euros (5,20%)
- - Servizos Sociais e Emprego: 1.402.954 (8,5%)
- - Educación e Deporte: 1.522.604 euros (9,32%)
- - Cultura e Festas: 1.172.565 euros (7,18%)
- - Turismo e Comercio: 200.695 euros (1,23%)
- - Administración xeral do Concello. Dixitalización e Participación cidadá: 2.949.700 euros (18,06%)
- - Endebedamento: 695.982 euros (4,26%)
O Centro Sociocultural en construción non se recolle no orzamento ao ser unha obra financiada a través de convenios con outras entidades administrativas ou con captación de financiamento externo, segundo expoñen desde o goberno local de Marín.
O mesmo usucede cos traballos para humanizar Concepción Arenal e a Rúa da Ponte; a reordenación do tráfico da beirarrúa lindeira cos edificios da Avenida de Ourense; as obras de Pedreiras de Abaixo ou a execución dos proxectos que forman parte do Plan de Sustentabilidade Turística.
Os orzamentos foron criticados pola oposición, tanto desde a bancada do PSOE como do BNG ao considerar, entre outros aspectos, que conleva o máis elevado incremento anual de impostos para a cidadanía na historia de Marína
Relacionadas:
-
Haberá 300 prazas para os campamentos de conciliación deste verán en Marín
Por Oskar Viéitez |
-
O deporte urbano e o ocio xuvenil, entre as "prioridades" de Marín para as vindeiras semanas
Por Redacción |
-
"Preocupación" na oposición de Marín polos orzamentos municipais para 2024
Por Redacción |
-
Aprobado o orzamento de Marín con 16,3 millóns de euros para este 2024
Por Redacción |
-
O orzamento do 2024 do Concello de Marín ascenderá a máis de 16,3 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |