O Entroido e Santo Anxo enchen de festa Cotobade
Por Redacción
A Romaría do Santo Anxo celebrarase o primeiro domingo do mes de marzo, coincidindo este ano co concurso e festival de Entroido que tamén será ese día dous no pavillón de Carballedo.
Esta celebración conta xa con mais de 120 anos, organizada sempre polos veciños do lugar, sendo un punto importante de recepción de devotos da mesma.
Os principais visitantes chegan da Terra de Montes, que aproveitan a xornada para degustar a gastronomía e o enclave único no que se sitúa o Cádavo.
A programación deste ano sinala para o sábado pola noite a verbena a cargo das orquestas : Televisión e Xacobeo.
O domingo pola maña serán as misas co Coro de Cerdedo e a Banda de Música de Tenorio. Pola tarde ten lugar o Festival de Entroido no Pavillón de Carballedo, coa seguinte programación:
- 17: 00 inscrición no Concurso de disfraces no Concello
- 18:00 desfile de disfraces desde o Concello ata o Pavillón de Carballedo
- 19:00 Concurso
- 21:00 Actuación do Duo Caché ata que o corpo aguante
- 00:00 Queima do Xabarín
- Chocolate para todos os asistentes
Este festival está organizado pola Asociación Xuvenil San Miguel de Carballedo