O PP critica a "desesperación" do goberno local por "presentar algún proxecto"
Por Redacción
O novo proxecto de creación dun centro cívico no edificio da antiga residencia da ONCE amosa para o grupo municipal do Partido Popular a "desesperación" do goberno local de "presentar algunha idea ante os veciños que disimule a case nula actividade do seu equipo de goberno neste último mandato municipal".
O PP califica de "parche" os 100.000 euros orzamentados para o acondicionamento de dito edificio de Campolongo e considera "completamente grotesco" que o rexedor incluíra esta iniciativa nun suposto Plan Sur da cidade, no que irían tamén a reforma da Estación de Autobuses que proxecta a Xunta de Galicia ou o desdobramento da avenida de Vigo, del Ministerio de Fomento.
"Lores tenta esconder a súa incapacidade baixo o paraugas dos investimentos doutras administracións", afirma o voceiro popular, Jacobo Moreira.
O PP local sinala no listado de "proxectos enterrados" nestes anos "o Museo da Historia, o novo refuxio de animais, a reforma da avenida de Lugo, quedou nunha cuarta parte do proxecto comprometido no seu día, o novo PXOM, o acondicionamento do Campo da Torre, a urbanización do contorno de Pasarón, as medianeiras da Peregrina, o inicio da rolda urbana con fondos municipais, o Edificio das Artes ou o desenvolvemento do convenio asinado no seu día coa propia ONCE", rematan.