Nunca Máis: "Cada 10 anos hai un accidente e volvería producirse unha catástrofe como a do Prestige"
Por Redacción
Ao mesmo tempo que na Coruña se retomaba o xuízo do Prestige, en Pontevedra algúns dos principais dirixentes da Plataforma Nunca Máis ofrecían unha rolda de prensa en Pontevedra na que denunciaban que a catástrofe podería repetirse porque non se tomaron medidas de seguridade que poidan evitar un novo accidente marítimo.
O voceiro nacional da Plataforma Nunca Máis, Xaquín Rubido, aseguraba que o capitán do buque Apostolo Mangouras é responsable limitado pero que realmente no xuízo non hai imputados responsables da catástrofe salvo o ex director xeral de Mariña Mercante, José Luis López Sors. E afirmou que "a Fiscalía non ten unha posición crítica co Estado" y por eso mantienen dudas razonables sobre las consecuencias que tendrá el juicio del Prestige.
"Ata agora non houbo unha reflexión crítica por parte do Partido Popular sobre a xestión do Prestige. Para eles foi unha xestión excelente"
O representante da Plataforma Nunca Máis sentenciou: "ata agora non houbo unha reflexión crítica por parte do Partido Popular sobre a xestión do Prestige. Nin a houbo nin a haberá. E se pasa outra catástrofe seguramente farán o mesmo. Para eles foi unha xestión excelente."
Según denunciou Xaquín Rubido "polo corredor de Fisterra pasan anualmente 14.000 buques con mercadorías perigosas que non cumpren coa normativa europea". Afirmou que non se controla o dispositivo de separación de tráfico de Fisterra cando se recomenda pola Axencia Europea de Seguridade Marítima que se faga por medios marítimos e aéreos. Rubido indicou que se están reducindo gastos con "cargo á seguridade marítima".
Ante esta situación, o responsable da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Fins Eirexas, asegurou que cada 10 anos se está producindo un desastre marítimo en Galicia e que se están poñendo "os bimbios para outra catástrofe" porque non se adoptaron medidas de seguridade e concluíu asegurando que "non queremos máis experimentos nas costas galegas".
A Asociación pola Defensa da Ría con motivo do décimo aniversario do movemento solidario para limpar o litoral celebra unha festa o sábado 17 de novembro ás 21 horas no Recinto Feiral coa actuación de artistas como Xurxo Souto, Sés ou Ruxe Ruxe.