Campolongo pon unha vela a San Juan Pablo
Por Oskar Viéitez
Os fregueses da parroquia de San Xosé de Campolongo xa renden culto ao santo Juan Pablo.
Unha escultura de fibra de vidro, de 1,82 metros de altura e apenas 50 quilos de peso, representa a imaxe do papa Juan Pablo II que este domingo se entronizou cunha bendición especial en coincidencia coa canonización do beato na praza San Pedro, do Vaticano.
A obra ten factura italiana. Está representada co báculo de metal que porta nunha man, que o identificou durante todo o seu pontificado e que é o mesmo que levou Pablo VI. Tamén leva un Cristo característico da década do 60 que é o que sempre utilizou. O atavío papal compleméntase coa casulla e a mitra branca.
O párroco de Campolongo, Casimiro Fernández, profesa gran devoción polo papa polaco, de feito o seu anterior destino na igrexa parroquial de San Xulián, en Mugardos, foi o primeiro templo do mundo en ter unha imaxe do Papa Juan Pablo II, e ao pouco tempo de ser nomeado responsable da parroquia pontevedresa de San José fixo este encargo.
Casimiro Fernández agarda que algún día se poida sacar a imaxe en procesión polas rúas da cidade do Lérez. A festividade de Juan Pablo II será o 22 de outubro.