O personal laboral da Deputación percibirá na nómina de maio parte da extra suprimida en 2012
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra aboará na nómina de maio unha parte da paga extra de Nadal ao persoal laboral da institución, cumprindo así coa sentenza do xulgado do Social número tres de Pontevedra.
A intención da Administración Provincial é estender este pagamento a funcionarios e persoal contratado pero, para contar con todas as garantías, agardará a que o Tribunal Constitucional se pronuncie sobre os recursos presentados en relación a este asunto, dado que se prevé que esta sentenza sexa inminente.
A Deputación decidiu non demorar máis o pagamento ao persoal laboral, dado que para iso conta xa cunha sentenza que avala este pagamento, algo que non sucede co persoal funcionario e contratado, ao que non alude o citado ditame xudicial, pero que si estaría afectado pola sentenza do Constitucional.
Este tribunal deberá pronunciarse sobre se procede ou non a retroactividade do Real Decreto 20/2012 no que respecta á anulación da paga de Nadal nese ano.