A escaseza de días de frío durante o inverno reducirá a colleita de albariño
Por Oskar Viéitez
O responsable da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, Pedro Mansilla, alertou que o viñedo da provincia de Pontevedra se atopa nestes momentos nun período de máximo risco.
Mansilla, que compareceu xunto co presidente da Deputación, Rafael Louzán, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, informou que o ataque de mildiu que xa desde principios de maio afectou a numerosas parcelas, está nestes momentos muy bien controlado, pero iso non pode levar a baixar a garda dado que "estamos en el período de máximo riesgo para el viñedo porque ya está en floración y nos jugamos la cosecha de todo el año".
Louzán se fixo eco da preocupación que lle están a trasladar os produtores de Rías Baixas pola posible redución da produción este ano. Neste senso, Mansilla asegurou que non existe unha razón patológica, pero si pode estar relacionada coas escasas horas de frío do inverno.
Pódese calcular que o albariño precisaría unhas 700 horas de frío
"Las horas de frío son fundamentales para poder tener una buena cosecha, para que se diferencien las yemas y haya fruto", asegurou o responsable da Estación Fitopatolóxica. De feito, pódese calcular que o albariño precisaría unhas 700 horas de frío "y en ninguna parte de la provincia se llegó a ese punto este invierno".
Malia todo, haberá que agardar aínda para valorar se realmente existe esa redución da produción e en canto se cifra a mesma, máis tendo en conta que se está a comparar coa colleita de 2013, que fora extraordinariamente positiva.
Tanto Louzán como Mansilla indicaron que, no que respecta á fitopatoloxía, haberá que agardar a finais do mes de xuño para comprobar a afectación total do mildiu, dado que será nese momento cando se poida considerar "superado el período de máximo riesgo".
Na visita que durante este mércores están a realizar os técnicos de Areeiro ás parcelas da comarca de O Salnés puideron comprobar que, aínda que o uso correcto de tratamentos conseguiu frear o avance da enfermidade, nas parcelas testemuña, aquelas que non se tratan, detéctanse xa novos brotes de infección, polo que é preciso "extremar las precauciones y estar muy atentos" ante a posible reaparición do mildiu, especialmente tendo en conta que as predicións meteorolóxicas falan de choivas abondosas a partir do xoves con baixadas de temperatura nocturnas, o que favorece o desenvolvemento da enfermidade.
AVISOS SEMANAIS
Neste sentido, Rafael Louzán destacou o papel que a Deputación de Pontevedra, a través de Areeiro, está a realizar para axudar a todos os viticultores a controlar as diferentes pragas e enfermidades que afectan ao viñedo e a outros frutais e lembrou que, ademais dos avisos e recomendacións que xa reciben de forma directa todos os que forman parte do proxecto Viñas Atlánticas, calquera persoa interesada pode obter información detallada das recomendacións para o viñedo todas as semanas a través da páxina de Areeiro.
Louzán lembrou que este é un momento crucial no sector vitivinícola e as bruscas variacións meteorolóxicas que se están a dar nestes días e durante toda a primavera poden favorecer a proliferación do mildiu que, tal e como indicou Mansilla, é unha enfermidade para a que desde Areeiro xa se prevía un ano complicado debido, precisamente, ás oscilacións térmicas e meteorolóxicas.
Por iso, é recomendable un seguimento exhaustivo das parcelas e estar atento aos avisos que semanalmente emite Areeiro sobre o estado das viñas e as recomendacións para o seu tratamento, que poden permitir atallar o problema.
No que respecta ás demais enfermidades, como o oidio, as acariosis ou a polilla, Mansilla indicou que este ano "están afectando muy poco" ao viñedo.
Relacionadas:
-
Remata a vendima en Rías Baixas con menos cantidade pero maior calidade
Por Oskar Viéitez & Juan Mejuto | Creada e actualizada
-
A vendima en Rías Baixas "collerá ritmo" en próximos días e dará traballo a uns 5.000 xornaleiros
Por Alejandro Espiño |
-
As chuvias deste verán provocarán unha mingua de ata un 10% na colleita de albariño
Por Redacción |
-
O prezo dun Rías Baixas case duplica a media doutros viños brancos do resto de España
Por Oskar Viéitez |