Remata a vendima en Rías Baixas con menos cantidade pero maior calidade
Por Oskar Viéitez & Juan Mejuto
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Á espera de recoller os datos oficiais da Denominación de Orixe Rías Baixas as principais adegas dan por rematada a vendima deste ano confirmando os prognósticos que reducían a cantidade de quilos de uva respecto ao 2013.
A consellería de Medio Rural e do Mar sitúa nun 30% a mingua na produción. O que supón uns 6.000 quilos por hectárea, en torno aos 22 millóns de quilos en toda a Denominación.
As razóns desta baixada na produción están na meteoroloxía deste ano, cunha temperatura media bastante alta con poucas horas de frío durante o inverno pasado o que propiciou unha taxa de brotación inferior á de 2013, e o exceso de chuvia que ocasionou minguas considerables na etapa de floración e purga do froito durante a primavera e ataques importantes de mildiu e botrite, en verán.
Segundo fontes do sector, o froito recollido é de boa calidade, a graduación é menor que outras colleitas cuns niveis de 12,5 graos e a acidez é máis elevada, estas características acentúan o carácter atlántico para a tipicidade do viño albariño.
Un total de 62 auditores inspeccionaron as subzonas da DO co obxectivo de garantir que se están a cumprir as condicións do selo de calidade, así como o Manual da Calidade do Consello Regulador.
Finalmente foi unha "vendima tranquila y relajada" e na que a uva que chegou ás adegas "fue de una calidad excelente"
O presidente da D.O, Rías Baixas, Juan Gil de Araújo fixo un primeiro balance da vendima de 2014, na que, segundo indicou, se agarda superar os 23 millóns de quilos de uva. Neste sentido, asegurou que, aínda que houbo momentos preocupantes, como os brotes de botrite ou a semana previa ao inicio da vendima na que as choivas fixeron temer posibles problemas, finalmente foi unha "vendima tranquila y relajada" e na que a uva que chegou ás adegas "fue de una calidad excelente".
Trátase dunha colleita "típica de la DO tradicional Rías Baixas, con buena acidez y frescura", como a do pasado ano e a diferenza da de 2010, que tiña certa falta de acidez, e que permitirá "recuperar los vinos clásicos y típicos de nuestra DO, vinos frescos, con buena acidez y con buena capacidad de aguantar en los próximos años".
A Denominación de Orixe Rías Baixas está presente en 30 dos 62 concellos da provincia e en 6 da subzona da Ribeira do Ulla, na provincia da Coruña. Factura anualmente 150 millóns de euros e da ocupación fixa a 7.000 familias e temporal a outras 5.000.
Relacionadas:
-
A Denominación de Orixe Rías Baixas acada as súas estimacións nesta vendima
Por Redacción |
-
Unha adega de Rías Baixas, entre as 100 mellores do mundo
Por Redacción |
-
Os viticultores farán 'escrache' ás adegas que compren uva por debaixo do prezo de produción
Por Oskar Viéitez |
-
Entre 20 e 25 millóns de quilos de uva, previsión para a vendima na D.O. Rías Baixas
Por Redacción |
-
Os produtores denuncian o "engano" da Xunta ao non convocar a mesa do viño antes da vendima
Por Anxo Lourido |
-
A vendima en Rías Baixas "collerá ritmo" en próximos días e dará traballo a uns 5.000 xornaleiros
Por Alejandro Espiño |
-
As chuvias deste verán provocarán unha mingua de ata un 10% na colleita de albariño
Por Redacción |
-
A escaseza de días de frío durante o inverno reducirá a colleita de albariño
Por Oskar Viéitez |