Sanxenxo inicia o verán cunha programación lúdico e festiva destinada a todos os públicos
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo inicia a súa programación de verán. Tres meses nos que a música, os talleres, os concursos, os campamentos, as exposicións e as probas deportivas, entre outras accións, compartirán protagonismo cos festexos tradicionais que se celebrarán nas diferentes parroquias.
Como cada verán, o Concello de Sanxenxo e as diferentes asociacións e entidades ofertamos unha programación repleta de actividades destinadas a que tanto os veciños como os visitantes que nos acompañan poidan gozar do seu tempo de lecer escollendo entre propostas lúdicas, deportivas e festivas, sinalou a concelleira de Cultura, Paz Lago.
Como é habitual, a Administración local desenvolverá varias iniciativas ao longo de todo o verán como o programa de conciliación laboral e familiar Paifillonai, a Ludoteca na Rúa, o Campus Polideportivo, o programa de Voluntariado de Verán, a Aula de Estudo ou os xogos destinados a coidar e protexer o ámbito que terán lugar no Centro de Interpretación A Telleira, 'Ludoexploradores'.
A programación de verán inclúe o primeiro concurso de fotografía dixital Porenarte, o curso de redes sociais, os talleres artesáns, o teatro a cargo Do Laranxo, a actuación de Milladorio e de Música Coral, a festa da bicicleta, o torneo aberto de billarda, a festa infantil, os encontros de cine, o taller de teatro de papel, deportes na area, o concerto de mozos valores Rockenarte, o segundo desfile Sanxenxo Fashion Night, 'Ilusionante' de Pedro Volta, o campionato galego de salvamento acuático, o VI campionato mundial de colchóns de Sanxenxo, a Zumba Experience, o campus do Atlético de Madrid, a obra de teatro 'Anónimas', o festival músicas do mundo, o concerto de Avelaiña, os talleres de flamenco, palmas, improvisación musical e guitarra, a cuarta gala de verán, o torneo de balonmán praia, teatro Maruxía e os fantastixogos, integran a programación deste mes organizada por agrupacións locais, tanto culturais coma deportivas, coa colaboración do Concello de Sanxenxo.
O mes de agosto comezará co concerto da Magnifique Bande dos Homes sen Medo, coa Festa dos Miolos e coa feira de produtos galegos e continuará co concerto de música coral, os fantastixogos, a exhibición e concurso de curtos de humor, a proxección da 'Águila Roja' que contará coa presenza de Francis Lorenzo, a cuarta gala de verán, a festa da ostra, o concurso de pintura ao aire libre, a 'Festa labrega', o trofeo de piragüismo Villa Portonovo, a carreira popular de San Roque, o teatro do Club de Xubilados de Portonovo, o taller de marionetas xigantes, o primeiro concurso de monólogos, o concerto de Roi Casal, a terceira edición de Sanxenxo a la mode, o IX Certame de Bandas de Música e a XV Milla Urbana.
A recta final do verán estará marcada en setembro por iniciativas de grande afluencia como a XXXII Feira da Cebola, a XXX Concentración Mototurística Rías Baixas e as VIII xornadas da cultura tradicional galega.
Ao longo da tempada estival, veciños e visitantes poderán asistir tamén a exposicións artísticas como unha de fotografía, a de Quique Ortega, Alterarte, VII Novos Valores e outra de artistas galegos.
FESTAS TRADICIONAIS
As parroquias do municipio celebrarán tamén os seus tradicionais festexos como é o Santo Sacramento en Vilalonga e Noalla, San Cristóbal en Portonovo, San Antonio e Virxe do Carmen de Dorrón, as festas en honor á Virxe do Carmen de Noalla, as festas en honor a San Roque e o Carmen de Bordóns e Portonovo, as festas en honor a San Xenxo e día do turista, as festas en honor Á nosa Señora da Lanzada, as Dores e San Roque de Dorrón e as festas en honor a Santa Rosalía e o Carmen de Sanxenxo.
Relacionadas:
-
En Sanxenxo, o verán vívese practicando deporte
Por Redacción |
-
Conciliar será máis doado este verán en Sanxenxo grazas ás asociacións de pais
Por Redacción |
-
O verán traerá conciliación a Sanxenxo co programa 'Paifillonai'
Por Redacción |
-
Sanxenxo acolle unha nova edición do Campionato Mundial de Colchonetas
Por Redacción |