Touradas fóra de Pontevedra inicia unha campaña contra o convenio entre Concello e Praza de Touros
Por Diego Espiño
Un sinxelo acto ante a praza de touros de Pontevedra serviu ao colectivo Touradas Fóra de Pontevedra para presentar a campaña que ten previsto iniciar en contra do convenio subscrito entre Concello e os empresarios do coso pontevedrés.
A plataforma cualifica como " trascendental a fin dos subsidios directos do Concello desde a chegada á corporación do BNG hai agora 15 anos", pero critica a colaboración para realizar actividades non taurinas e que supón 47.500 euros anuais, segundo o recoñecido polo goberno local.
Touradas Fóra de Pontevedra sinala que "entre as nosas demandas se encontra a finalización de calquera colaboración directa ou indirecta por parte das institucións públicas", polo que prepara unha serie de actos que non quixo desvelar polo momento.
Ademais o colectivo incidirá na petición de reunirse co alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, ao que pedirán que declare á cidade como "amiga dos animais".
Esta semana a plataforma cidadá presentará, vía rexistro municipal, o manifesto desta campaña e unha nova petición de reunión co rexedor capitalino.
Relacionadas:
-
"O movemento abolicionista cada vez é máis forte"
Por Oskar Viéitez |
-
Cal é a postura dos partidos políticos ante a continuidade das touradas?
Por Redacción |
-
Moreira aposta por "potenciar más" as touradas
Por Natalia Puga |
-
Bueu, noveno concello galego contrario aos festexos taurinos
Por Redacción |
-
Touradas Fóra de Pontevedra denuncia a retirada das súas pancartas reivindicativas
Por Redacción |
-
A recollida de sinaturas para pedir a supresión do convenio municipal coa Praza de Touros bate marcas
Por Redacción |
-
Propoñen unha consulta cidadá entre os pontevedreses sobre o convenio taurino
Por Oskar Viéitez |
-
Os abolicionistas cuestionan as "escusas municipais" sobre o convenio taurino
Por Redacción |
-
O Concello manterá o convenio coa Praza de Touros por ser "claramente beneficioso" para a cidade
Por Alejandro Espiño |