"Se non queremos que haxa gaivotas que nos molesten, mellor que non haxa fontes de alimentación próximas"
Por Redacción
Ao redor de 175 especies de aves sobrevoan a cidade de Pontevedra e o seu ámbito. Toda unha riqueza para un ámbito urbano que poucas veces percibe a presenza dos paxaros ao seu arredor debido á capacidade que teñen para adaptarse, así describe Xavier Vázquez, autor con Cosme Romay, do libro Aves da cidade de Pontevedra, as particularidades das especies que os pontevedreses poden encontrarse.
Coa particularidade de que mesmo poden avistarse especies como a Gaivota rosada (ou de Ross), un exemplar cuxo espazo natural se encontra no ártico canadense, en zonas de xeo en convivencia co oso polar. A súa presenza provocou que se achegasen especialistas de toda a península para avistar este curioso caso.
Pero o habitual é encontrarse con pardais, pombas domésticas, estorniños ou con rulas turcas. Todas elas aparecen recollidas no libro que edita o Concello de Pontevedra para ofrecer unha visión didáctica sobre todos os exemplares que sucan o ceo da cidade. A fauna, segundo apunta Xavier Vázquez, reduciuse á metade nos últimos 40 anos e por ese motivo é necesario evitar que se traslade esa visión das aves coma se fosen inimigos.
Neste sentido afirmou que a presenza de gaivotas e de pombas se debe a que hai hostaleiros e camareiros "pouco profesionais que non recollen a tempo a comida que deixamos na mesa". E engadiu que "se non queremos que haxa gaivotas que nos molesten, mellor que non haxa fontes de alimentación próximas".
O xoves 30 ás 20.00 horas, a Casa das Campás acollerá a presentación de Aves da cidade de Pontevedra. Na súa primeira edición contará con mil exemplares, que serán distribuídos por centros de ensino, bibliotecas e espazos públicos coa intención de difundir o coñecemento das aves que se achegan a Pontevedra.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- Pasen e vexan: os estorniños ofrecen o seu espectáculo diario en Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
En marcha a campaña de control da poboación de gaivotas e pombas na cidade
Por Redacción |
-
A campaña de control de gaivotas elimina 90 niños e recolle 220 ovos
Por Oskar Viéitez |
-
A campaña marinense contra as gaivotas leva retirados 42 ovos e 26 niños
Por Oskar Viéitez |
-
Un falcón salvaxe caza dende hai un ano as pombas da Ferrería
Por Oskar Viéitez |
-
Retiran 117 niños e 123 polos de gaivotas dos tellados da cidade para controlar a superpoboación
Por Natalia Puga |
-
Ofensiva municipal contra as molestias da superpoboación de gaivotas
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Avistan por primeira vez en Pontevedra un exemplar de gaivota de Ross, procedente do Ártico
Por Redacción |