A campaña marinense contra as gaivotas leva retirados 42 ovos e 26 niños
Por Oskar Viéitez
Durante estes días o Concello de Marín desenvolve a campaña de retirada de niños e ovos de gaivotas dos tellados do casco urbano.
A campaña consiste na retirada de niños e, en paralelo, a realización dun censo ao longo do desenvolvemento dos traballos que rexistre o tamaño da poboación e a súa distribución no casco urbano. Con esta actuación, que xa comezou, prevese reducir a poboación destas aves.
A semana pasada, segundo a empresa contratada que realiza este labor retiráronse 26 niños de gaviota desde o inicio do servizo e 42 ovos.
BARANDILLA NO PARQUE EGUREN
Este martes procedeuse á colocación dunha barandilla no Parque Eguren que separa a pista de baloncesto coa parte central onde están situados os campos de fútbol.
A caida dun neno fai uns días acelerou esta actuación.
Trátase dunha barandilla abatible, que poderá quitarse cando sexa necesario realizar actuacións, e que cumpre as medidas de seguridade nesta contorna.