O Oral anticipou aos concellos 60 millóns de euros no ano de 2013
Por Redacción
O Organismo de Recadación e Arbitrios Locais (ORAL) da Deputación de Pontevedra anticipou no ano 2013 máis de 60 millóns de euros aos 54 concellos adheridos ao servizo e recaudou de padróns e liquidacións un total de 95 millóns de euros en voluntaria e de 15 en executiva.
Os datos foron dados a conocer este venres polo presidente da Deputación, Rafael Louzán, no curso dunha rolda de prensa na que explicou que, según os datos de peche do periodo do ano pasado, o ORAL atendeu 94.343 dúbidas dos contribuintes plantexadas vía teléfonica (21.402), por email (983) ou de xeito presencial (71.958).
O ORAL xestiona os tributos e tasas de 59 entidades (54 concellos, 2 mancomunidades, 2 consorcios e unha entidade local menor). Esa xestión abarca as recadacións voluntarias e en executiva de 59 entidades locais, a xestión catastral de 45, a inspección tributaria de 54 e as sancións de tráfico de 22 entidades locais.
No devandito periodo do ano pasado, o organismo da Deputación de Pontevedra emiteu un total de 1,9 millóns de recibos (1,3 de voluntaria e 600.000 de executiva).