Bendicen as novas imaxes pontevedresas da Virxe de Lourdes e Santa Bernardita
Por Oskar Viéitez
Dende este luns 8 de decembro, festividade da Inmaculada, a parroquia de Santa María a Maior acolle dúas novas imaxes, as de Virxe de Lourdes e Santa Bernardita.
O bispo auxiliar de Santiago de Compostela, Jesús Fernández González, bendiciu ambas as dúas imaxes que foron adquiridas por subscrición popular.
Durante a súa estanza en Pontevedra, Jesús Fernández visitou o Santuario das Aparicións, para coñecer o lugar onde viviu Sor Lucía, unha das tres videntes de Fátima.
Bernadette Soubirous ou Bernardita foi unha pastora, mística e relixiosa francesa canonizada pola Igrexa católica en 1933. A súa festividade celébrase o 16 de abril, aniversario da súa morte. A 'pastorcilla' afirmou ter en 1858 en Lourdes unha serie de dezaoito aparicións marianas que Soubirous, e os miragres que as sucederon, remataron por conferirlle fama mundial.