Poio propón que a Ponte das Correntes se tome como linde con Pontevedra
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio acudirá cunha nova proposta baixo o brazo á comisión intermunicipal que intentará fixar o próximo 5 de febreiro onde se sitúan os límites con Pontevedra.
"A verdade é que esperamos pouco desa reunión", dixo Luciano Sobral con certa resignación. A cita será na casa consistorial poiense.
O equipo de goberno do Concello de Poio, formado polo BNG e o PSdeG, leva unha proposta que se asemella á xa formulada hai dous anos, en marzo do 2013.
Segundo adiantou o alcalde, Luciano Sobral, "ainda que cedendo un pouquiño pola nosa parte", tendo en conta que aí se construiu unha nova infraestrutura como é a ponte das Correntes, conceden que o linde se tome "con referencia a ese punto concreto e todo o resto quede en Poio".
ÿ dicir, o nó de Bomberos, a Comandancia da Garda Civil e todo o que foron os talleres de recuperación, serían do municipio poiense, establecéndose a separación entre concellos na nova ponte, o que supón unha diferenza duns metros respecto á división que se marcaba antes. Recordemos que ata agora Poio defendía o deslinde de 1889 que marcaba a fronteira pola metade do río Lérez ata a desembocadura do Rons co que reclama parte da Xunqueira.
Pola contra, o Concello de Pontevedra toma de referencia outra ponte, a antiga do ferrocarril, que figura no deslinde de 1938, o que deixa do lado pontevedrés a vella cementeira detrás do centro comercial A Barca, a comandancia da Garda Civil, o parque municipal de bombeiros e a totalidade da Xunqueira de Alba.
En todo caso se non se alcanza ese acordo a última palabra sería o Instituto Xeográfico Nacional. De feito á reunión desta semana acudirán representantes deste organismo dependente do Ministerio de Fomento que tratarán de buscar un acordo sobre a titularidade dunhas 30 hectáreas de terreo.
Relacionadas:
-
Pontevedra pedirá aclaracións ao informe do Instituto Xeográfico sobre os lindes con Poio
Por Redacción |
-
O PP toma posesión dos terreos da Xunqueira de Alba e reclama o servizo dos Bombeiros
Por Oskar Viéitez |
-
O conflito dos lindes con Pontevedra, próximo a resolverse en favor de Poio
Por Alejandro Espiño |
-
A reunión polos lindes entre Pontevedra e Poio crea enfrontamentos con Barro e Meis
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra e Poio negociarán o xoves os seus lindes, sen apenas posibilidades de chegar a acordo
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra e Poio non se poñen de acordo no deslinde e será a Xunta quen decida
Por Alejandro Espiño |
-
Pendentes dun informe técnico para pechar os deslindes co Concello de Poio
Por Redacción |
-
Pontevedra asegura que non hai "conflito nin enfrontamento" con Poio polo deslinde entre ambos concellos
Por Alejandro Espiño |
-
O PP propón deixar en mans de expertos o deslinde entre Pontevedra e Poio
Por Redacción |