Sanxenxo suspende de novo o desfile do Entroido
Por Redacción
Tras consultar varias fontes de información meteorolóxica, o Concello de Sanxenxo anunciou a suspensión do desfile e concurso de disfraces previsto para este domingo.
Tal e como afirmaron dende a Concellaría de Cultura, a decisión tomouse tendo en conta os últimos partes meteorolóxicos que predín peor tempo aínda que a fin de semana pasada, data na que se ía celebrar a tradicional parada.
Ante esta situación, o departamento municipal confirmou xa esta cancelación para favorecer que os participantes, especialmente aqueles que se desprazan dende outros municipios, non adquiran compromisos innecesarios.
Relacionadas:
-
Á terceira vai a vencida: Sanxenxo retoma o Entroido para gozar por fin do seu desfile
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Sanxenxo non dá por perdido o seu Entroido e programa por terceira vez o seu desfile
Por Redacción |
-
Sanxenxo celebrará o domingo o desfile e concurso de carnaval aprazado pola chuvia
Por Redacción |
-
Sanxenxo repartirá máis de 8.000 euros en premios no desfile de entroido do próximo domingo
Por Redacción |