Os socialistas márcanse como obxectivo gobernar a Deputación
Por Redacción
O Partido Socialista vai presentar candidaturas nos 62 concellos da provincia de Pontevedra, tal e como asegurou o secretario xeral Santos Héctor na xuntanza da executiva provincial celebrada este martes a última hora da tarde.
Santos Héctor sinalou que o PSdeG-PSOE da provincia preséntase co reto de converterse en primeira forza provincial e acadar a maioría na Deputación de Pontevedra. "O Partido Socialista vai ser a forza máis votada nestas eleccións municipais na provincia xa que é necesario desaloxar ao PP e a Rafael Louzán da Deputación para que deixe de usar esta institución de xeito partidista", remarcou o secretario provincial.
O máximo dirixente provincial dos socialistas pediu un esforzo aos membros da executiva para que trasladen aos seus territorios a necesidade de presentar programas nas distintas localidades cunha visión básica que é atender as persoas.
"Os nosos candidatos teñen que ter como obxectivo as persoas do seu municipio e traballar cara a acadar o logro de saír da crise sen que ninguén quede polo camiño. Os concellos, dentro das poucas competencias que mantivo o Partido Popular para estas institucións, son claves para mellorar a vidas dos seus concidadáns. E niso temos que traballar todos os concelleiros socialistas".
Tania Garcia será a coordinadora do comité electoral a nivel provincial
Para eso, mantivo Santos Héctor, nos candidatos de toda a provincia se vai buscar un equilibrio entre a renovación e a consolidación dalgúns alcaldes actuais "e tamén vaise dar unha presenza moi significativa as mulleres".
Na xuntanza da executiva provincial analizáronse aspectos formais do proceso das eleccións municipais do próximo día 24 de maio cando restan menos de cen días para a súa celebración.
Así fixouse a data de celebración do próximo comité provincial o próximo sábado día 14 de marzo e nombrouse a secretaria de organización, Tania Garcia, como coordinadora do comité electoral a nivel provincial.