Así é a candidatura completa dos socialistas ás eleccións municipais en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Así é a candidatura completa dos socialistas as eleccións municipais en Pontevedra
1. Agustín Fernández González. 58 anos. Avogado.
2. Paloma Castro Rey. 33 anos. Avogada.
3. Iván Puentes. 35 anos. Profesor no campus de Pontevedra. Ex-alcalde de Fene.
4. María del Carmen Casalderrey. 51 anos. Bióloga.
5. Jorge Nogueira Dios. 57 anos. Médico.
6. Sara Díez Freijeiro. 38 anos. Licenciada en Ciencias Políticas.
7. Manuel Fariña. 33 anos. Enxeñeiro.
8. Vanesa Estévez Baquero. 33 anos. Pedagoga. Funcionaria.
9. Roxelio Pérez Agulla. 39 anos. Profesor.
10. Milagros Lores Torres. 47 anos. Profesora da UNED.
11. Santiago Pichel Guerra.
12. María Luisa Calvo Portela.
13. Jesús Fernández Lorenzo.
14. Paloma Rodríguez Español.
15. Víctor Pedreira.
16. Estrella González Gómez.
17. Roxelio Pérez Poza.
18. María Luisa Armesto.
19. Jesús Miguélez.
20. Patricia Vilán.
21. José Antonio García Lores.
22. María del Carmen Larriba García.
23. Guillermo Meijón Couselo.
24. Carlota Román.
25. Antón Louro Goyanes.
A asemblea local de militantes do PSOE aceptou a listaxe de Agustín Fernández co apoio de 66 votos a favor e con 9 papeletas en branco durante un acto celebrado na noite do luns 23 na Residencia de Estudantes.
O alcaldable Agustín Fernández dixo "estou moi orgulloso de poder presentar un equipo formado con xente valiosa e preparada para transformar o Concello de Pontevedra, que está necesitado de aire fresco e non pode seguir aprazando a urxente modernización que precisa en todos e cada un dos seus departamentos".
Segundo Agustín Fernández o PSdeG-PSOE presenta unha listaxe que "manda unha mensaxe de renovación, configurada a través de profesionais e xente nova moi conectada coa cidade. Con ampla experiencia nos seus respectivos campos, pero tamén moi interesados na vida municipal. Comprometidos para achegar unha visión socialista, centrada nas necesidades reais dos cidadáns, á xestión diaria do Concello de Pontevedra".
Entre os dez primeiros da candidatura tan só hai tres persoas maiores de 50 anos. Un equipo de xente que está na trintena. "Xente nova, con espírito e gañas de achegar novas ideas".
"O PSdeG-PSOE demostra que ten banquillo. Que aposta pola renovación e que está en disposición de iniciar unha etapa dentro da institución municipal", di Agustín Fernández "unha mistura de mocidade, valores e experiencia, como ninguén máis pode ofertar. Xente preparada para gobernar e ofrecer aos pontevedreses e pontevedresas unha alternativa distinta e distintiva".
Relacionadas:
-
Jacobo Moreira: "Me he avergonzado por el caso de Rato"
Por Natalia Puga |
-
A campaña electoral do PSOE móvese en autobús
Por Redacción |
-
Santos Héctor critica o oportunismo electoral das obras da Deputación
Por Redacción |
-
O PSOE presume dunha candidatura electoral "pensada para gobernar Pontevedra"
Por Alejandro Espiño |
-
Os socialistas márcanse como obxectivo gobernar a Deputación
Por Redacción |