As prazas de Seixo e Marín recuperan as súas paradas de taxi
Por Redacción
Marín recuperou dúas paradas de taxi que tiña previamente, pero foran eliminadas nos últimos tempos. Trátase das situadas nas inmediacións das prazas de abastos do centro e da parroquia de Seixo
Segundo informou o Concello de Marín, nos últimos días operarios municipais procederon a pintar as paradas de taxis nas dúas zonas a petición da asociación minoritaria de taxistas do municipio.
No caso da parada de taxi Seixo, cambiouse a situación. Anteriormente estaba situada en ao rúa Doutor Outeiro Ulloa e pasou a situarse fronte ao mercado de Seixo e a estar habilitada durante todo o día.
O sitio destinado na praza de Marin estará dispoñible os xoves e os sábados en horario de mercado para facilitar o seu uso aos usuarios. O xoves, ademais, celébrase o mercado na zona.
O Concello espera que ambas as dúas paradas sexan de utilidade e que os taxistas as utilicen, "tendo en conta que se trata de prestar un bo servizo a todos os usuarios do taxi no ámbito dos mercados de Marin e de Seixo".