Lores, sobre os posibles acordos na Deputación: "É obvio que o BNG non vai facer un pacto co PP"
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
O alcalde en funcións e cabeza visible do BNG en Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, rexeita que o seu partido pacte co PP para facilitar que goberne a Deputación. Faino despois de que o actual presidente e responsable provincial dos 'populares', Rafael Louzán, tenda a man aos nacionalistas para negociar un pacto de goberno.
Ante ese ofrecemento, Lores asegurou que "é obvio que o BNG non vai facer un pacto co Partido Popular. Iso está escrito e se non está escrito, escribímolo". Recoñece que Louzán lle chamou tras as eleccións "para felicitarme" polo resultado e que "puidemos falar dalgunha outra cosiña por ahí", pero non que existise ningún pacto.
A pesar de que nega o acordo co PP, Lores rexeita que o seu partido dese xa o visto e prace a un pacto co PSdeG-PSOE para un establecer un Goberno bipartito na Deputación baixo Presidencia socialista e aclara que "está claro que non hai ningún cheque en branco para ninguén". De feito, asegura que todo acordo se fará "coas cousas moi claras, con luz e taquígrafos" e mostra o seu desacordo con que os socialistas xa de por feito que Carmela Silva presidirá a institución provincial, "non me gusta nada de nada".
"Está claro que non hai ningún cheque en branco para ninguén"
A abstención do BNG no Pleno de investidura do próximo presidente daría a Presidencia ao PP como partido máis votado, pero Lords asegurá que é "raro" que vaia optar por esa decisión e, en todo caso, a mensaxe na que el quere insistir é que "o que non vai a haber é un pacto co PP" nin se vai permitir que o PSOE goberne e priorice os intereses de Vigo en detrimento dos de Pontevedra e o resto dos municipios da provincia, tal e como xa anunciou o alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero.
"Algún ten dúbida a estas alturas de cal é a política de pactos do BNG e do BNG de Pontevedra? Nós pactamos o mellor para a cidade, para a provincia e obviamente co PP non pactamos nunca", quixo aclarar ao respecto e asegurou que na Corporación provincial só apoiarían unha política de uso "democrático e equitativo" da institución, pois ten que ser "un ente aglutinador de concellos".
Lores lanza unha advertencia ao PSOE sobre os pactos na Deputación
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde en funcións de Pontevedra
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Relacionadas:
-
Carmela Silva, elixida oficialmente candidata a presidir a Deputación: "Es un honor y una enorme emoción"
Por Alejandro Espiño |
-
O BNG presenta un acordo de mínimos para dar ao PSOE a presidencia da Deputación
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Louzán insta ao BNG a "madurar e facerse adulto" de cara a afrontar pactos de goberno co PP
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG non descarta integrar no goberno local a outras forzas políticas
Por Oskar Viéitez |
-
Louzán ofrece al BNG un "acordo sen límites" para gobernar en la Deputación
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Louzán tende a man ao BNG para pactar unha coalición de goberno na Deputación
Por Oskar Viéitez |
-
Eleccións 24M: O Partido Popular perde a maioría absoluta na Deputación de Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |