Xa están listas as obras de saneamento do núcleo da Reigosa
Por Redacción
O alcalde en funcións de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, asistiu este mércores ao acto de recepción das obras do saneamento do núcleo da Reigosa na que a Xunta investiu máis de 750.000 euros na construción dunha Estación Deputadora de Aguas Residuales (EDAR) e unha rede de saneamento con 5.800 metros de canalización e 171 pozos de rexistro.
Representantes de Augas de Galicia recibiron as obras e fixeron entrega ao Concello destas instalacións. Agora corresponderá xa ao novo goberno local que xurda tras o pleno de investidura o próximo 13 de xuño, a posta en marcha do servizo de saneamento na Reigosa.
A obra incluíu a instalación da rede de colectores nos diferentes barrios do lugar: O Campo, A Carrasqueira, a zona do Colexio da Reigosa e o seu ámbito. Ademais construíuse unha depuradora que se basea nun filtro biolóxico con brañas.
Perfecto Rodríguez recordou a importancia presupostaria deste investimento en infraestruturas para o municipio, en época de especial recorte e austeridade presupostaria, "é o investimento máis importante no municipio no que respecta ao saneamento no rural e grazas á colaboración da Xunta de Galicia puido levarse a cabo nunha soa fase.